Saltar ao contido

Lycaena tityrus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lycaena tityrus

Lycaena tityrus, cópula, na parte superior a femia.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Xénero: Lycaena
Especie: Lycaena tityrus
Poda, 1761
Lycaena tityrus, macho
Lycaena tityrus, femia
Lycaena tityrus ♀ △

Lycaena tityrus é unha bolboreta da familia Lycaenidae.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

A parte superior do macho é de cor marrón con manchas negruzcas. Ao longo do bordo posterior hai unhas poucas manchas de cor laranxa. As ás dianteiras da femia son máis redondeadas e un pouco máis laranxas que no macho, e ela ten máis manchas de cor laranxa ao longo dos bordos das ás dianteiras e traseiras, pola contra, son bastante similares na parte superior.[2]

A parte inferior é similar en ambos os sexos, dunha cor amarela agrisada, manchas escuras e manchas de cor laranxa ao longo dos bordos das ás.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

A larva é de cor verde e pode chegar a ter até 20 milímetros de longo. Hiberna como larva nova.

As súas plantas hospederas son especies de acedeira Rumex como R. acetosa.

Período de voo

[editar | editar a fonte]

É unha especie polivoltina en lugares cálidos, de abril a outubro, bivoltina en lugares máis frescos, de maio e xuño e de xullo a setembro, voa de 50 a 2500 metros de altitude.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Habita o sur e centro de Europa, chega a Italia, Sicilia, Grecia e Turquía, o sur de Rusia, até a cordilleira de Altái. Nos países nórdicos está a nivel local en Dinamarca. En España atópase na metade norte eurosiberiana, entre os Pireneos e Galicia ademais do sistema Ibérico norte. É substituída por Lycaena bleusei en gran parte do centro Peninsular.

O seu hábitat son prados con flores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]