Mónica González Conde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() Lamela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, política ![]() |
Mónica González Conde, nada en Lamela (Silleda) en 1977, é unha xornalista e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo, pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en varios medios de comunicación, e en 2011 incorporouse como persoal de confianza ao equipo da alcaldía de Silleda, primeiro con Paula Fernández Pena e despois con Manuel Cuíña, sendo responsable do gabinete de comunicación do Concello. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse no cuarto posto da lista do PSdeG-PSOE e foi elixida concelleira.[1] Foi concelleira de Cultura, Turismo e Deporte e primeira tenente de alcalde.[2] Dende 2022 forma parte da executiva dos socialistas de Silleda como responsable de política municipal, e da executiva nacional na secretaría para o reto demográfico. Nas municipais de 2023 foi a número dous da candidatura do PSdeG e foi elixida concelleira.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Ten dúas fillas e reside na parroquia silledense de Oleiros.