Mónica González Santana
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Ferrol, España |
Educación | Universidade de Oviedo Universidade de Zaragoza |
Actividade | |
Ocupación | historiadora, arqueóloga |
Mónica González Santana, nada en Ferrol, é unha historiadora e arqueóloga asturiana de orixe galega. É licenciada e doutora en historia pola Universidade de Oviedo e especialista en Estudos da Muller e Políticas para a Igualdade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Ferrol pero criouse en Sotrondio, a vila do seu pai, en Samartín del Rei Aurelio, Asturias. En 2012 presentou a súa tese doutoral coa que conseguiu o seu Doutoramento. Ten ademais un máster en Museos: Educación e Comunicación pola Universidade de Zaragoza e é especialista en Estudos da Muller e Políticas para a Igualdade.[1]
Participou como investigadora, en varios proxectos I+D do Ministerio de Ciencia e Innovación de España, con proxección e participación de distintas universidades europeas. Esta formación, ademais, permitiulle participar en numerosos congresos e seminarios nacionais e internacionais, así como publicar distintos artigos e libros. De igual xeito, a súa traxectoria como investigadora fixo que traballase como docente en distintos programas do IAM, nos CPR de Oviedo e Avilés, así como na UNED ou en Extensión Universitaria.[2]
Profesionalmente dedícase á arqueoloxía, labor que a levou a vivir en distintos lugares da Península Ibérica. Compaxina o seu amor pola arqueoloxía coa Educación, Comunicación e accesibilidade patrimonial no Proxecto Castelo de Gauzón, en Castrillón[3] e no Museo Arqueolóxico de Asturias, en Oviedo.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Relaciones de poder en las comunidades protohistóricas del Noroeste peninsular. Espacios sociales, prácticas cotidianas e identidades de género (TRABE, 2014)[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Repositorio de su Tesis Doctoral".
- ↑ Noticia como tutora en el programa Mujer Rural, La Nueva España, 2010
- ↑ Noticia visita guiada como arqueóloga, La Nueva España, 2 de agosto de 2013
- ↑ González Santana, Mónica (2014). "Relaciones de poder en las comunidades protohistóricas del Noroeste peninsular. Espacios sociales, prácticas cotidianas e identidades de género" (PDF). TRABE. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2018.