M.I.A.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mathangi Arulpragasam 18 de xullo de 1975 (49 anos) Hounslow, Reino Unido (pt) |
Outros nomes | M.I.A. |
Relixión | Cristianismo |
Educación | Central Saint Martins Ricards Lodge High School (en) Holy Family Convent, Jaffna (en) |
Actividade | |
Ocupación | rapeira, directora de vídeos musicais, actriz, artista visual, compositora de cancións, produtora musical, activista, cantante, deseñador de moda |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Hip hop alternativo, música para bailar, world music, música hip hop, electrónica, música pop, progressive rap (en) , experimental hip hop (en) , rock alternativo e pop rap |
Instrumento | Instrumento de percusión e voz |
Selo discográfico | Interscope Records Mercury Records N.E.E.T. Recordings (pt) Polydor Records XL Recordings Roc Nation Virgin EMI Records (pt) |
Familia | |
Parella | Diplo (2003–2008) |
Pai | Arul Pragasam |
Irmáns | Kali Arulpragasam |
Premios | |
|
Mathangi "Maya" Arulpragasam (támil: மாதங்கி 'மாயா' அருள்பிரகாசம்), nada o 17 de xullo de 1975 en Londres, máis coñecida polo sobrenome artístico de M.I.A. (acrónimo de Missing in Action) é unha cantante, deseñadora artística e produtora musical británica de orixe támil de Sri Lanka. A súa música funde elementos do grime, hip hop, dancehall da música electrónica e o baile funk o que lle dá un son urbano, tribal e multicultural que se une a unhas letras nas cales mestura a política, o realismo social e o humor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Hounslow (Londres), filla do activista támil Arul Pragasam, cando ela tiña seis meses a súa familia volveu a Sri Lanka, ós once anos volveu coa súa familia como refuxiada. Estudou nunha escola de arte e deseño en Londres, tirou no ano 2000 a foto da cuberta para o álbum The Menace de Elastica, dirixiu o vídeo para a canción "Mad Dog God Dam" e filmou a xira norteamericana da banda, realizou a súa primeira exhibición artística pública en 2001, consistía principalmente en graffitis. Comezou a facerse famosa en 2004 grazas á descarga dos seus sinxelos "Galang" (2003) e "Sunshowers" en Internet. En 2005 saíu o seu primeiro álbum Arular in 2005, o segundo, Kala publicouse en 2007, constituíndo o seu máis grande éxito. No ano 2008 fundou o seu propio selo discográfico, N.E.E.T.