Maria Caccamo Caltabiano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1946 |
País de nacionalidade | Italiana |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Lugar de traballo | Messina |
Ocupación | numismático, profesora universitaria |
Empregador | University of Messina (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Carlo Caccamo |
Premios | |
(1994): Premio Literario (AINP). | |
Maria Caccamo Caltabiano, nada en Giarre, Catania, o 9 de setembro de 1946,[1] é unha numismática italiana especialista na iconografía da moeda da antiga Grecia e da Antiga Roma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maria Caccamo Caltabiano é profesora titular de Numismática Grega e Romana na Universidade de Messina desde 1994,[2] e nesta institución dirixiu o departamento de Estudos Clásicos, entre 1998 e 2004.[1][3][4]
Entre os centros de interese máis salientables das súas investigacións está a iconografía da moeda da Antigüidade, sinaladamente na de Sicilia e a Magna Grecia, na republicana e na provincial romana e nas emisións tolemaicas, entre outras.[4] A este respecto, é a fundadora e directora da serie editorial Semata e Signa. Studi di Iconografia monetale.[1][2]
Para o estudo da iconografía monetaria, Maria cáccamo encabezou a creación do Lexicon Iconographicum Numismaticae Classicae et Mediae Aetatis (LIN),[3] en colaboración coas universidades de Boloña, Xénova e Milán, e baixo o patrocinio do Consello Internacional de Numismática e a Accademia dei Lincei.[1][2]
Entre outros proxectos, foi a promotora e a coordinadora do proxecto internacional de Difusión e Investigación da Moeda Antiga da Área Mediterránea (DRACMA),[3] en colaboración co Museo Numismático de Atenas e co Museo Arqueolóxico de Chipre, e apoiado financeiramente pola Comisión Europea.[1][2]
Caccamo é vicepresidenta do Consello Internacional de Numismática,[5] no seo do cal presidiu o comité organizador do XV Congreso Internacional de Numismática, celebrado en Taormina en 2015.[1][3][6][7] Así mesmo, entre outras entidades é membro da Academia Italiana de Estudos Numismáticos e da Sociedade Numismática Italiana,[4] e forma parte do comité científico do seu órgano de expresión, a Rivista Italiana di Numismatica.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Maria Caccamo Caltabiano está casada co profesor universitario de Física Carlo Caccamo —do que tomou o apelido—, con quen tivo tres fillas e un fillo.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1994): Premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Caccamo Caltabiano é autora de máis de 200 artigos e colaboracións en obras conxuntas, e tamén dalgúns traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes:[1][9][10]
- (1977). Una città del Sud tra Roma e Annibale. La monetazione di Petelia. Sophia, Palermo.
- (1992). Dalla premoneta alla moneta. Lessico monetale greco tra semantica e ideologia (con P. Radici Colace). ETS, Pisa. ISBN 978-8877416667
- (1993). La monetazione di Messana, con le emissioni di Rhegion dell’età della tirannide. De Gruyter, Berlín-Nova York. ISBN 978-3110135275
- (1997). Siracusa ellenistica. Le monete «Regali» di Ierone II, della sua famiglia e dei siracusani (con B.Carroccio e E. Oteri E.). Università degli Studi di Messina. ISBN 978-8882680008
- (2007). Il significato delle immagini. Codice di comunicazione e immaginario della moneta antica. Falzea Editore, Reggio Calabria. ISBN 9788882962487
- (2015). Survey of numismatic research: 2008-2013 (con C. Arnold-Biucchi). International Association of Professional Numismatists / International Numismatic Counicl. ISBN 9788897805427
- (2015). XV International Numismatic Congress. Taormina 2015. Proceedings. Arbor Sapientiae, Roma. ISBN 978-88-94820-31-7
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Maria Caltabiano Caccamo". Accademia Italiana di Studi Numismatici.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Curriculum di Maria Caltabiano Caccamo". Academia.edu
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Curriculum Vitae: Maria Caltabiano Caccamo Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Caltabiano, Maria Caccamo". En Coins Weekly. 14 de decembro de 2016.
- ↑ "Committee of the INC Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
- ↑ "Messina/Taormina 2015 Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
- ↑ Kampmann, U. (2015). "15. Internationaler Numismatischer Kongress in Taormina". En Münzen Woche. 1 de outubro.
- ↑ "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ "Caccamo Caltabiano, Maria". WorldCat Identities.
- ↑ "Caccamo Caltabiano, Maria 1946- Arquivado 14 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Caltabiano, Maria Caccamo". En Coins Weekly. 14 de decembro de 2016.