METZ
METZ | |
---|---|
Orixe | Otava, Canadá |
Período | 2008 - presente |
Xénero(s) | noise rock, hardcore punk, post-hardcore, post-punk, grunge |
Selo(s) discográfico(s) | Sub Pop Records, Royal Mountain, Three One G, Swami Records |
Membros | Alex Edkins Chris Slorach Hayden Menzies |
Na rede | |
metzztem.com | |
METZ é unha banda canadense de noise rock formada en Otava pero baseada en Toronto.[1][2][3] O grupo está composto polo guitarrista e vocalista Alex Edkins, o baixista Chris Slorach e o batería Hayden Menzies.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada no ano 2008, METZ editou o seu autotitulado álbum de estrea a través do selo Sub Pop en 2012.[5] O disco entrou na lista de candidatos ao Polaris Music Prize 2013 o 16 de xullo de 2013.[6]
O 17 de febreiro de 2015 a banda anunciou un novo álbum, II, co lanzamento do seu primeiro tema, "Acetate", acompañado dun vídeo musical; o disco sería publicado o 5 de maio dese ano en Norteamérica e o día anterior no resto do mundo. II foi un dos candidatos ao Polaris Music Prize 2015.[7]
Para o Record Store Day de 2016 a banda asociouse cos estadounidenses Mission of Burma e xuntos lanzaron un sinxelo compartido, onde os de Toronto versionaban o tema “Good, Not Great", aparecido no álbum The Obliterati de Mission of Burma, e estes últimos interpretaban a canción "Get Off" do disco de estrea de METZ.[8]
En maio do ano 2017 METZ anunciou o seu terceiro álbum de estudio, Strange Peace, gravado por Steve Albini. O disco publicouse o día 22 de setembro dese ano.[9][10]
No mes de xullo de 2020 a banda anunciou que o seu cuarto álbum de estudio, Atlas Vending, sería editado o 9 de outubro novamente a través de Sub Pop Records.[11]
En febreiro de 2024 anunciouse o quinto álbum de METZ, Up on Gravity Hill, así como dous sinxelos e unha xira por América do Norte e Europa entre abril e novembro.[12] O disco apareceu o día 12 de abril a través do selo Sub Pop Records.[13]
Membros
[editar | editar a fonte]Actuais
[editar | editar a fonte]- Alex Edkins - guitarra, voz (2007-presente)
- Hayden Menzies - batería (2007-presente)
- Chris Slorach - baixo (2008-presente)
Antigos
[editar | editar a fonte]- Chuck Saso - baixo (2007-2008)
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
METZ | 2012 | Sub Pop |
II | 2015 | Sub Pop |
Strange Peace | 2017 | Sub Pop |
Atlas Vending | 2020 | Sub Pop |
Up on Gravity Hill | 2024 | Sub Pop |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Exclaim! (ed.). "METZ Sign to Sub Pop, Plot Debut Album for October Release". Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ Pitchfork (ed.). "Metz". Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ The Guardian (ed.). "New band of the week: METZ". Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ "Music: Sub Pop post-punks Metz care little for your sensitive eardrums". The Denver Post (en inglés). 2013-05-01. Consultado o 2024-06-02.
- ↑ The Globe and Mail (ed.). "Meet METZ, Toronto’s newest rock trio". Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ Exclaim! (ed.). "Polaris Music Prize Unveils 2013 Long List". Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ Exclaim! (ed.). "Polaris Music Prize Announces 2015 Long List". Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ "Good, Not Great / Get Off, by METZ / Mission of Burma". METZ (en inglés). Consultado o 2024-06-02.
- ↑ Records, Sub Pop. "METZ - Strange Peace". Sub Pop Mega Mart (en inglés). Consultado o 2020-09-29.
- ↑ Subscribe. "Back to the drawing board: Metz". diymag.com (en inglés). Consultado o 2020-09-29.
- ↑ Strauss, Matthew. "METZ Announce New Album Atlas Vending, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-29.
- ↑ Edwards, Briony (2024-02-14). "Metz announce new album Up On Gravity Hill, two new singles and a massive world tour". louder (en inglés). Consultado o 2024-06-01.
- ↑ "Up On Gravity Hill, by METZ". METZ (en inglés). Consultado o 2024-06-01.