Madame Tussauds
Madame Tussauds | |
---|---|
Sede de Londres | |
Coordenadas | 51°31′22″N 0°09′19″O / 51.52279, -0.15517 |
País | Reino Unido |
Cidade | Cidade de Westminster |
Inauguración | 1839 |
Na rede | |
http://www.madametussauds.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Madame Tussauds é un museo de cera de Londres. Foi fundado pola escultora de cera Marie Tussaud posúe a colección de réplicas de personaxes famosos máis grande do mundo. É unha atracción turística de Londres, onde ten a súa sede central aínda que posúe diferentes sucursais noutras cidades coma Nova York, Berlín ou Hollywood.
Historia
[editar | editar a fonte]Marie Tussaud, naceu como Anna María Grosholtz (1761–1850) en Estrasburgo, Francia. A súa nai traballaba como ama de chaves para o Dr. Philippe Curtius en Berna, Suíza; que era un experto moldeador de cera que lle ensinou a Marie a súa técnica.
Tussaud creou a súa primeira figura de cera, de Voltaire, en 1777,[1] logo a Jean-Jacques Rousseau e a Benjamin Franklin. Durante a Revolución Francesa fixo diferentes esculturas das vítimas. Cando o doutor faleceu en 1794, herdou a súa colección de figuras de cera e pasou os seguintes 33 anos viaxando con elas por Europa. Casou con François Tussaud, en 1795, e dende esa data colleu o nome de Madame Tussaud. En 1802, viaxou a Londres despois de aceptar a invitación de Paul Philidor de expoñer as súas figuras nun salón-teatro. Pero non lle foi ben economicamente, xa que tiña que darlle a metade das súas ganancias a Philidor. Como resultado da guerra británica-francesa non puido regresar a Francia, entón comezou a viaxar coa súa colección a través de Gran Bretaña e de Irlanda. En 1831 arrendou un local en "Baker Street Bazaar" o oeste de Baker Street que se converte no primeiro fogar permanente do matrimonio Tussaud.[2]
En 1835 Marie abre o seu primeiro museo de cera en Baker Street, Londres. Unha das principais atraccións do museo é a cámara dos horrores que inclúe as figuras das vítimas da Revolución Francesa que ela creara durante a Revolución e outras creacións de asasinos e criminais.
Outra xente famosa foi engadida a exhibición, incluíndo a súa propia figura que se atopa a entrada do museo. A exposición orixinal contiña 400 figuras pero despois do lume de Londres en 1925 e das bombas xermanas de 1941 a colección reduciuse, pero algunha figura feita por ela aínda continúa exposta. Marie finou o 15 de abril de 1850 mentres durmía.
En 1883, o edificio quedou pequeno e ordenouse construír o actual edificio en Marylebone Road que foi aberto o público o 14 de xullo de 1884. En febreiro de 1889, o museo, tivo que ser vendido por problemas financeiros despois de que fracasaran varias técnicas propostas para atraer capital.
Actualmente o museo é un reclamo turístico e incorpora figuras de actores, coñecidos deportistas, políticos...
Lista de localizacións[3]
[editar | editar a fonte]América do Norte: Las Vegas, Hollywood, Nova York e Washington, D.C..
Europa: Ámsterdan, Berlín, Blackpool, Londres e Viena.
Asia: Bangkok, Hong Kong, Iacarta, Shanghai e Toquio.
Australia: Sidney.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Du Plessis, Amelia. "England - Madame Tussauds". Informational site about England. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2011. Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ Pilbeam (2006) pp.100-104
- ↑ "Madame Tussauds". Consultado o 29 de novembro de 2011.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madame Tussauds |