Madog ap Gwallter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Madog ap Gwallter (fl c. 1250) foi un poeta cortesán galés da época medieval.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crese que Madog foi un freire franciscano que viviu a mediados do século XIII. É famoso por ter composto o poema máis antigo dos que chegaron ata nós sobre a natividade de Xesús en galés: Geni Iesu ou Mab a'n rhodded.
Só conservamos tres dos seus poemas. Os textos de dous deles atópanse no Llyfr Coch Hergest.
É posíbel que Madog sexa o autor dun longo poema latino que celebra as virtudes militares dos britanos (ou sexa os galeses) e as súas vitorias fronte os ingleses. Este poema nacionalista consérvase nun manuscrito (Caerdydd 2.611) que se data de finais do século XIII ou principios do XIV. O autor deste poema aparece mencionado como Frater Walensis madocus edeirnianensis ('Irmán galés Madog de Edeirnion').
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Madog ap Gwallter |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rhian M. Andrews (ed.), 'Gwaith Madog ap Gwallter', in Gwaith Bleddyn Fardd a beirdd eraill ail hanner y drydedd ganrif ar ddeg (Cardiff, 1996). O texto dos poemas.
- Andrew Breeze, Two Bardic Themes: The Virgin and Child, and Ave-Eva, Medium Aevum (Society for the Study of Mediaeval Languages and Literature, 1994).
- Thomas Parry (ed.): Blodeugerdd Rhydychen o Farddoniaeth Gymraeg (Gwasg Prifysgol Rhydychen, 1962). Edición do Geni Iesu en ortografía algo máis tardía.