Gwernen ap Clyddno
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Gales, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Gwernen ap Clyddno (fl. no século XII ou XIII) foi un poeta cortesán galés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gwernen é un dos menos coñecidos dos Gogynfeirdd. Non se sabe nada en absoluto sobre el. Non hai referencia ningunha non sendo o seu nome. O nome mesmo de Gwernen é moi infrecuente; hai exemplos del no Libro de Llandaf (en forma de Gwerngen).
A súa obra
[editar | editar a fonte]Só se conservan tres englynion Unodl Union da obra de Gwernen, que son parte dunha cadea máis longa que se perdeu. O texto está no manuscrito Hendregadredd e noutros seis máis tardíos. O tema do poema é o Destino do home, que fala sobre un guerreiro anónimo que non regresou dunha expedición militar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- N. G. Costigan (Bosco) (ed.), 'Gwaith Gwernen ap Clyddno', en, Gwaith Dafydd Benfras ac eraill o feirdd hanner cyntaf y drydedd ganrif ar ddeg (Gwasg Prifysgol Cymru, Caerdydd, 1995). 'Cyfres Beirdd y Tywysogion'. (en galés)