Mae de la Concha
![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Asunción Jacoba Pía de la Concha García-Mauriño ![]() 25 de xullo de 1954 ![]() Xixón, España ![]() |
![]() ![]() | |
O suxeito ten un papel: interina 19 de xuño de 2023 – 6 de xullo de 2023 ← Francina Armengol Socías – Margarita Prohens Rigo (pt) ![]() | |
Secretaria xeral Podemos Balearic Islands (en) ![]() | |
2017 – ← Alberto Jarabo Vicente (en) ![]() | |
![]() | |
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Balearic Islands (en) ![]() Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
![]() | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Balearic Islands (en) ![]() Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 ![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Mae de la Concha lora ![]() |
Actividade | |
Ocupación | libreira, política ![]() |
Partido político | Podemos ![]() |
María Asunción Jacoba Pía da Concha García-Mauriño, nada en Xixón o 25 de xullo de 1954, máis coñecida como Mae de la Concha, é unha empresaria libreira e política menorquina de orixe asturiana, deputada polas Illas Baleares no Congreso dos Deputados nas XI e XII lexislaturas. Dende outubro de 2017 é tamén a Secretaria Xeral de Podemos Illas Baleares.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1970 emigrou a Francia, onde traballou de aia e de auxiliar de hospital. Anos despois estabeleceuse en Madrid, onde traballou como secretaria en Yves Rocher e como administrativa no despacho de avogados da rúa de Atocha, 55.[2]
Despois viviu en León, Barcelona e Santander, ata que o verán de 1980 estableceuse en Ciutadella de Menorca. Comezou traballando como secretaria de xulgado ata que en 1990 fundou a libraría La Torre de Papel. Como parte de Podemos, en febreiro de 2015 foi elixida secretaria xeral en Menorca.[3] Foi elixida deputada nas eleccións de 2015 e 2016.[4]
Na conformación das listas electorais de Podemos Illas Baleares para o Parlamento das Illas Baleares nas Eleccións municipais en España de 2019, foi elixida cabeza de lista do partido, obtendo un escano; tralas negociacións co PSOE balear, María Asunción, trala investidura de Francina Armengol como Presidenta do Goberno Balear, converteuse na Conselleira de Agricultura, Pesca e Alimentación.
En xuño de 2023, converteuse en presidenta das Illas Baleares en funcións, por mor da dimisión de Francina Armengol, trala derrota nas eleccións autonómicas de 2023.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mae de la Concha es la nueva secretaria general de Podemos Baleares". Europa Press. 5 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017.
- ↑ Podemos. "Mae De La Concha García-Mauriño". Consultado o 9 de xullo de 2017.
- ↑ "Podemos elige a Mae de La Concha como líder en Menorca". Infomenorca. 14 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017.
- ↑ "De la Concha García-Mauriño, María Asunción Jacoba Pía". Congreso dos Deputados. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2017.
- ↑ Gelabert, Martí (25 de xuño de 2023). "El llegat d’Armengol: més llums que no pas ombres a les Illes". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 17 de agosto de 2023.
Predecesor: Francina Armengol |
![]() Presidenta do goberno das Illas Baleares 2023 - 2023 |
Sucesor: Marga Prohens |