Ciutadella de Menorca
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Provincia histórica | provincia de Baleares | ||||
Illa | Menorca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.443 (2023) (169 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 186,05 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 24 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xoán o Bautista e María Auxiliadora | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Juana Mari Pons (pt) (2024–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07760 e 07769 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 07015 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ajciutadella.org |
Ciutadella de Menorca é un concello español situado no oeste da illa de Menorca, nas Illas Baleares. En 2020 tiña 30 588 habitantes, sendo o concello máis poboado da illa.
Situada no extremo oeste de Menorca, é a sede do bispado da illa. Rexentou a capitalidade da illa ata a ocupación inglesa en 1714. A finais do 2009 Ciutadella superou en número de habitantes a Maó, antes concello máis poboado de Menorca e no que se encontra o Consello Insular.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Ciutadella é de tipo mediterráneo, con veráns calorosos e invernos suaves e frescos. Dado que a illa de Menorca é a máis setentrional das Illas Baleares, as precipitacións son máis ou menos abundantes en todo o ano. En Ciutadella hai unha media de aproximadamente 600 mm anuais. Por atoparse na parte do oeste da illa, habitualmente sopran ventos que en inverno poden chegar aos 110 km/h. Ciutadella ten unha temperatura media duns 15 °C; en verán as temperaturas non superan os 35 °C nin baixan dos 4 °C en inverno. Moi ocasionalmente pode chegarse a temperaturas inferiores aos 2 °C.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao longo dos séculos, os diferentes poboadores déronlle diversos nomes: Jamma, Nura, Minerva, Iamo, Iamona, Medina Minurka. Pero foi a partir do 1287, a raíz da incorporación de Menorca á cultura cristiá coa conquista de Afonso III, cando se impuxo o nome actual, topónimo que, etimoloxicamente, provén do latín civitatella, diminutivo de civitas (cidade). A pesar diso, este nome xa prevalecía entre a poboación romanizada e os mozárabes menorquinos anteriores á colonización realizada pola Coroa de Aragón. Actualmente denomínase Ciutadella de Menorca de xeito oficial (facendo un paralelismo con Palma de Mallorca) para non a confundir con outros topónimos.
O 9 de xullo de 1558 unha frota turca ao mando do almirante Pialí atacou a cidade, rendéndose os defensores ante as forzas otomás. Parte da poboación foi deportada baixo rescate a Istambul. A partir dese ano iniciouse unha lenta reconstrución da cidade que tivo o seu contrapunto o 1646 coa chegada á illa da peste. A dominación británica durante gran parte do século XVIII ocasionou a decadencia e a languidez da cidade, que perdeu a capitalidade da illa en beneficio de Maó.
Durante a guerra civil española Menorca permaneceu fiel ao Goberno do Fronte Popular. En 1939 tivo lugar a batalla de Menorca onde un grupo do bando nacional tomou Ciutadella e se enfrontou ao Exército Republicano de Maó.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No concello consérvanse restos arqueolóxicos da cultura talaiótica. A construción máis coñecida é a Naveta des Tudons situada na estrada Ciutadella-Maó. En torno a ela sempre existiu unha famosa lenda sobre a carencia dunha das pedras da parte superior da nave. Trátase dun monumento funerario único pola súa tipoloxía. En Menorca sitúanse outras navetas de habitación como as de Son Mercè de Baix en Ferreries. Da época talaiótica é importante destacar tamén os restos do poboado de Son Catlar —coa súa muralla ciclópea—, Torre Vella, e as taules (singular taula), exclusivas de Menorca, de Torre Trencada e Torre Llafuda.
En datas recentes o Ministerio de Medio Ambiente de España incluíu a costa norte menorquina nos proxectos de futuros parques nacionais, provocando unha gran polémica entre os residentes da zona. O pleno do concello votou en contra da devandita resolución.
Porto natural. Ciutadella posúe un pequeno porto natural, resgardado da tramontana. Unhas cantas veces ao ano prodúcese o fenómeno chamado rissaga, polo cal primeiro o nivel do mar perde altura e posteriormente unha onda sobe o nivel ata por enriba do orixinal, chegando a cubrir Es Pla e en ocasións causar danos ás embarcacións fondeadas no porto (en verán de 2006 houbo unha moi pronunciada que obrigou a pechar o porto durante varios días). Neste porto calan os buques de pasaxeiros e carga que unen a illa de Menorca con Mallorca e Barcelona, mediante liñas regulares das empresas Iscomar e Balearia, respectivamente. Recentemente se instalou un dique un pouco antes da bocana do porto, o cal permite o amarre de barcos de maior tamaño respecto aos que atracaban no interior do porto antano. O dique, ao estar en mar aberto, permite evitar a rissaga, aínda que xa houbo queixas sobre o seu funcionamento por que este dique non protexe abondo fronte a algúns ventos.
Rúas típicas. Ciutadella caracterízase tamén polas súas angostas rúas, con nomes curiosos como Que no passa (en galego, "Que non pasa") ou Ses Voltes ("As Arcadas") que empezan na Plaça Nova ou Plaça Espanya ("Praza Nova" ou "Praza España") e rematan na Catedral de Ciutadella; máis alá, en dirección ao Concello, está a Plaça des Born, dende onde se divisa o mencionado porto e onde se ergue un obelisco en conmemoración ao asalto turco do 9 de xullo de 1558 protagonizado polo almirante da frota otomán Pialí.
Praias. Un dos atractivos turísticos de Ciutadella reside nas súas numerosas praias. Na costa oeste da illa poden encontrarse numerosas urbanizacións en torno a calas pequenas como Cala Blanca ou Santandría. Chegando á costa sur, pasado o faro d'Artrutx, encóntrase Cala'n Bosch e Son Xoriguer, tamén urbanizadas, e máis alá, na zona virxe máis longa da costa sur, encóntrase Cala'n Turqueta, Son Saura, Es Talaier, Macarelleta e Macarella. Na costa norte, máis árida, golpeada pola tramontana en inverno, encóntranse a urbanizada Cala Morell, as virxes La Vall e El Pilar.
Demografía
[editar | editar a fonte]O concello, que ten unha superficie de 186,34 km²,[1] contaba segundo o padrón municipal para 2017 do INE con 28 838 habitantes e unha densidade de 154,76 hab./km².
Gráfica de evolución demográfica de Ciudadela entre 1842 e 2017 |
Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.[2] Poboación segundo o padrón municipal de 2017.[3] |
Poboación por núcleos
[editar | editar a fonte]Poboación segundo o Padrón Continuo por Unidade De poboación do INE.
Núcleos | Habitantes (2014)[4] | Homes | Mulleres |
---|---|---|---|
Almudaina | 39 | 20 | 19 |
Barranc | 99 | 56 | 43 |
Ciutadella de Menorca | 21661 | 10618 | 11043 |
Sant Joan de Missa | 344 | 182 | 162 |
Santandria | 3730 | 1982 | 1748 |
Son Morell | 436 | 231 | 205 |
Torre Saura | 37 | 21 | 16 |
Torre Trencada | 39 | 18 | 21 |
Tres Alqueries | 2731 | 1417 | 1314 |
Tudons | 154 | 72 | 82 |
La Vall | 12 | 4 | 8 |
Política
[editar | editar a fonte]Período | Alcalde ou alcaldesa | Partido político |
---|---|---|
1979–1983 | Joan Sintes Anglada | UCD |
1983–1987 | Antoni Orell Calafat | PSOE |
1987–1991 | Antoni Salvador Caules | PSOE |
1991–1995 | Josep Carretero Febrer | PP |
1995–1999 | Gabriel Allés Vázquez Assumpta Vinent Barceló |
PP |
1999–2003 | Pau Lluís Lluch Mesquida | INME |
2003–2007 | Llorenç Brondo Jover | PP |
2007–2011 | Llorenç Brondo Jover[5] Pilar Carbonero Sánchez |
PP PSIB |
2011–2015 | José María de Sintas Zaforteza[6] Ramon Sampol |
PP |
2015–presente | Joana Maria Gomila Lluch | MxM |
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Poboación, superficie e densidade por municipios". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013.
- ↑ "Cifras de poboación e censos demográficos". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2021.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (ed.). "Nomenclátor: Poboación do Padrón Continuo por Unidade Poboacional".
- ↑ Nomenclátor: Poboación do Padrón Continuo por Unidade Poboacional
- ↑ Deixou o cargo por mor dunha moción de censura
- ↑ Dimitiu
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciutadella de Menorca |