Sant Antoni de Portmany
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Provincia histórica | provincia de Baleares | ||||
Illa | Eivisa ![]() | ||||
Capital | Sant Antoni de Portmany (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 28.609 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 127 km² ![]() | ||||
Altitude | 31 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Josefa Gutierrez Costa (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07820 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 07046 ![]() | ||||
Sitio web | santantoni.net ![]() |
Sant Antoni de Portmany é un concello español situado na illa de Eivissa, no arquipélago das Illas Baleares. Corresponde ao antigo cuartón de Portmany, un dos catro cuartóns en que Xaime I dividiu a illa no século XIII. O nome Portmany deriva do latín portus magnus, "porto grande".
Actualmente é un dos principais centros turísticos da illa de Eivissa. O núcleo principal sitúase a 15 km da capital, e conta cun gran porto ao fondo dunha baía, que permite o tráfico marítimo de pasaxeiros e mercadorías coa península.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello limita ao norte e oeste co mar Mediterráneo, ao leste con Sant Joan de Labritja e Santa Eulària des Riu, e ao sur con Eivissa e Sant Josep de sa Talaia. Aínda que o relevo da illa non é moi accidentado, no concello de Sant Antoni de Portmany atópanse formacións montañosas como o Puig d'en Jaume (226 m), a Serra des Puig (241 m) e a Serra Llarga (254 m).
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña en 2016 unha poboación de 24.478 habitantes, a maior parte deles concentrados na capital municipal, Sant Antoni de Portmany. Hai outras catro entidades de poboación no concello: Buscastell, Sant Mateu d'Albarca, Sant Rafel de sa Creu e Santa Agnès de Corona.

Política
[editar | editar a fonte]A repartición de escanos quedou deste xeito:
PSOE | PP | DP | Outros | Total | |
---|---|---|---|---|---|
2007 | 8 | 9 | 0 | 0 | 17 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Sant Antoni, fundada en 1385 e finalizada cara ao 1640, foi utilizada como fortaleza e torre de defensa.
- Sa Torre, torre de defensa dos ataques de piratas.
- Torres d'en Lluc
- Cova de Ses Llagostes
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Sant Antoni
-
Igrexa e Sa Torre
-
Monumento a Cristovo Colón
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Antoni de Portmany ![]() |
- Sitio web do concello
- Información do Instituto de Estatística das Illas Baleares Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.