Maggie MacDonnell
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 ![]() Nova Escocia, Canadá ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra ![]() |
Período de actividade | 2011 ![]() |
Premios | |
|
Maggie MacDonnell, nada no ano 1980 en Nova Escocia,[1] é unha educadora e profesora canadense gañadora do Premio Global ao Ensino de 2017.[2][3][4] O premio foi entregado polo primeiro ministro e vicepresidente dos Emiratos Árabes Unidos, así como gobernador do Emirato de Dubai, o Xeque Mohamed bin Rashid Al Maktum. Maggie dá clases na vila quebequesa de Salluit, onde as temperaturas adoitan oscilar entre os -13 °C e os -25°C no inverno.[5][6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada e criada en Nova Escocia, no leste do Canadá, formouse e fixo estudos de máster nunha universidade do seu país. Traballou na África subsahariana en programas de rehabilitación de refuxiados e de prevención do VIH. Posteriormente viaxou a Salluit, unha pequena vila inuit onde dá clases no ensino secundario a mozos e, especialmente, a mozas entre 13 e 18 anos.[7] Antes de comezar a traballar nesta vila illada, a zona sufría fortes desigualdades sociais. MacDonnell conseguiu mellorar a vida dos seus estudantes, que en moitos casos presentaban cadros de depresión, alcoholismo e drogadicción.[8][9] Levou a cabo programas para mozas en idade escolar que dispararon a matriculación de rapazas inuit nun 500% nas escolas.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ John, Merlin (26 de xullo de 2017). "Top teacher stands up for indigenous people". BBC News. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ Afp, Ap (20 de marzo de 2017). "Canadian teacher wins $1m global prize in Dubai". Arab News. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ Telegram, The (22 de abril de 2019). "Global educational award winner to address teachers in St. John's". The Telegram. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Canadian school teacher wins $1M global teacher prize beating out thousands of applicants". CBS News. 20 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Maggie MacDonnell". Varkey Foundation. 15 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ Wang, Amy X. (20 de xullo de 2017). "How to be a better teacher, according to Global Teacher Prize winner Maggie MacDonnell". Quartz. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ Clarke, Kelly (20 de marzo de 2017). "Maggie MacDonnell: The teacher who made kids do-gooders". Khaleej Times. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Maggie MacDonnell feels 'disbelief' after Global Teacher Prize win". BBC News. 24 de marzo de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2020.
- ↑ France-Presse, Agence (19 de marzo de 2017). "Canadian wins $1m Global Teacher Prize for work with Inuit students". the Guardian. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ Crowcroft, Orlando (19 de marzo de 2017). "Canadian teacher Maggie MacDonnell wins $1m prize for work in remote Arctic communities". International Business Times UK. Consultado o 14 de marzo de 2020.