Saltar ao contido

Mako Iwamatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMako Iwamatsu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 岩松 信
(ja) マコ 岩松 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Makoto Iwamatsu Editar o valor en Wikidata
10 de decembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Kōbe (Imperio do Xapón) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xullo de 2006 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Somis, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaValley Oaks Memorial Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPasadena Playhouse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro, actor de televisión, actor de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata - 2006 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeShizuko Hoshi Editar o valor en Wikidata
PaisYashima Taro Editar o valor en Wikidata  e Mitsu Yashima Editar o valor en Wikidata
IrmánsChihiro Isa Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0538683 Allocine: 9640 Rottentomatoes: m/mako Allmovie: p44765 TCM: 1062564 TV.com: people/mako IBDB: 74006
BNE: XX1558066 Discogs: 3340770 WikiTree: 岩松-1 Find a Grave: 15014129 Editar o valor en Wikidata

Makoto Iwamatsu (岩松 信, Iwamatsu Makoto), nado o 10 de decembro de 1933 en Kōbe (Xapón) e finado o 21 de xullo de 2006 en Somis (California, Estados Unidos), máis coñecido como Mako Iwamatsu, foi un actor xaponés. En moitos dos créditos dos filmes nos que apareceu ó longo da súa carreira apareceu co seu nome acurtado como Mako, omitindo o seu apelido. Mako é recoñecido internacionalmente por Aku en Samurai Jack, Iroh en Avatar: The Last Airbender, Akiro en Conan o bárbaro e polo Mestre Splinter do filme TMNT.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Era fillo do coñecido autor e ilustrador de libros infantís Taro Yashima. Os seus pais mudáronse ós Estados Unidos cando era un cativo. Reuniuse con eles aló despois da segunda guerra mundial en 1949, uníndose ós militares na década de 1950. Converteuse nun cidadán estadounidense en 1956. Estudou arquitectura e durante o seu servizo militar descubriu o seu talento teatral, polo que decidiu formarse na escola Pasadena Community Playhouse.

Mako estaba casado coa actriz Shizuko Hoshi, coa que tivo dúas fillas (actrices ámbalas dúas) e tres netos.

Morte e homenaxes

[editar | editar a fonte]

Mako morreu ós setenta e dous anos de cáncer de esófago. Un día antes da súa morte, foi confirmada a súa participación para protagonizar o filme TMNT, proporcionando a voz de Splinter. Kevin Munroe, director do filme, confirmou que Mako completara o seu rexistro antes da súa morte. O filme terminado dedicouse a Mako.

Durante un episodio de Avatar: The Last Airbender , titulado "Os Contos de Ba Sing", que comprende varias pequenas historias sobre os personaxes principais, hai un segmento titulado ". A historia de Iroh" que ten unha dedicatoria a Mako, xa que foi o actor de voz para o personaxe Iroh para a primeira e segunda tempadas. Tamén apareceu na montaxe en memoria da 79ª Edición dos Oscar.

Filmografía

[editar | editar a fonte]