Maksym Hermaniuk
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1911 Nove Selo (en) |
Morte | 3 de maio de 1996 (84 anos) Winnipeg, Canadá |
Arcebispo católico | |
3 de novembro de 1956 – 16 de decembro de 1992 – Michael Bzdel → Diocese: Arquieparquia de Winnipeg (pt) | |
Bispo diocesano | |
1 de setembro de 1956 – 3 de novembro de 1956 ← Basil Ladyka (en) Diocese: Arquieparquia de Winnipeg (pt) | |
Administrador apostólico | |
19 de xaneiro de 1956 – 1 de setembro de 1956 Diocese: Arquieparquia de Winnipeg (pt) | |
Bispo coadxutor | |
13 de marzo de 1955 – 19 de xaneiro de 1956 Diocese: Arquieparquia de Winnipeg (pt) | |
Bispo auxiliar | |
13 de xaneiro de 1951 – 1 de setembro de 1956 Diocese: Arquieparquia de Winnipeg (pt) | |
Bispo titular | |
13 de xaneiro de 1951 – 1 de setembro de 1956 ← Jozef Vanderhoven (pt) – Francisco Gómez Marijuán (pt) → Diocese: Sinna (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
Educación | Old University of Leuven (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1951–), sacerdote católico (1938–) |
Membro de | |
Orde relixiosa | Congregación do Santísimo Redentor |
Consagración | Basil Ladyka (en) |
Premios | |
Maksym Hermaniuk (en ucraíno: Максим Германюк), nado o 30 de outubro de 1911 en Nove Selo (Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína) e finado o 3 de maio de 1996 en Winnipeg (Canadá), foi un relixioso redentorista católico ucraíno, arcebispo de Winnipeg entre 1956 e 1992.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de granxeiros grecocatólica o 30 de outubro de 1911. O 29 de setembro de 1933 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor, facendo os votos solemnes o 16 de agosto de 1936.
O 4 de setembro de 1938 foi ordenado sacerdote polo tamén redentorista Mykolai Charnetskyi, entón exarca apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia.
O 13 de xaneiro de 1951 foi nomeado bispo auxiliar do exarcado apostólico de Manitoba e bispo titular de Sinna. Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño de mans do exarca Vasyl Ladyka. O 13 de marzo de 1955 foi nomeado coadxutor, e o 1 de setembro de 1956 sucedeu a Ladyka como exarca apostólico. Coa elevación da sé o 3 de novembro de 1956 pasou a ser arcebispo metropolita de Winnipeg.
Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, foi nomeado membro da mesma.[1]
Retirouse o 16 de decembro de 1992, e finou en Winnipeg o 3 de maio de 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 11. OCLC 9237479.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Vasyl Ladyka |
Metropolita de Winnipeg 1956 - 1992 |
Sucesor: Michael Bzdel |