Malena Mieres
Aparencia
Nome orixinal | (es) Malena Mieres Garcia |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de marzo de 2000 (24 anos) As Pontes de García Rodríguez, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Gardameta |
Malena Mieres García, nada o 29 de marzo de 2000 nas Pontes de García Rodríguez, é unha futbolista galega que xoga como porteira no Real Betis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mieres comezou a xogar nas categorías inferiores do CD As Pontes. Despois pasou ao Friol con 15 anos na tempada 2015/16. Na tempada seguinte fichou polo Deportivo da Coruña e no 2019 pasou a xogar no Eibar.[1] No 2022 ficharía polo Betis.
Galardóns
[editar | editar a fonte]En 2018 gañou o premio a Mellor porteira Galega.[2]En 2019 recibiu xunto a Teresa Abelleira o premio á “Mellor deportista promesa” na VII edición da Gala do Deporte Feminino Galego.[3][4]
Internacional
[editar | editar a fonte]Mieres foi internacional con España tanto sub-19 coma sub-23. Coa selección sub19 conseguiu o campionato de Europa [5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Malena Mieres García". txapeldunak.com. Consultado o 1 de xuño de 2022.
- ↑ "La pontesa Malena Mieres, la mejor portera gallega". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-31. Consultado o 2024-04-22.
- ↑ "MUDEGA – Loitamos pola igualdade no deporte e na vida.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ "O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle este venres a VII Gala do Deporte feminino galego". Galicia Deportiva (en castelán). 2019-05-03. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ "Campeonato Europeo Femenino Sub-19" (en en español). 2024-02-04.