Manolo García Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Ángel García Rodríguez 21 de xaneiro de 1968 (56 anos) Ferrol, España |
País de nacionalidade | Galicia |
Manuel Ángel García Rodríguez, coñecido como Manolo García, nado en Ferrol o 21 de xaneiro de 1968, é un adestrador de fútbol galego. Desde o 2014 adestra o Racing de Ferrol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na tempada 2006–07 firmou polo Racing de Ferrol de Segunda División B, sendo relegado na xornada 29, a falta de 9 partidos. O seu substituto foi Juan Miguel Veiga, que logrou o ascenso a Segunda División.
En marzo de 2012 foi contratado polo As Pontes de Terceira División, por unha tempada con opción a outra.[1] Na tempada 2013–14, tras renovar, logrou un quinto posto, que case lle abre as portas do playoff de ascenso. Tras o remate da campaña rescindiu o seu contrato, sendo substituído por Iván Rodríguez.[2]
Na pretempada 2014–15 firmou polo Racing de Ferrol de Segunda División B, en substitución de José Manuel Aira.[3] Foi cesado o 17 de xuño de 2015, sendo o seu substituto Miguel Ángel Tena.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manolo García, nuevo entrenador del As Pontes; La Voz de Galicia, 7 de marzo de 2012 (en castelán)
- ↑ El técnico local Iván Rodríguez se hace cargo del banquillo del As Pontes; Diario de Ferrol, 24 de xuño de 2014 (en castelán)
- ↑ El Racing de Ferrol confirma el fichaje de Manolo García como nuevo entrenador; La Voz de Galicia, 21 de xuño de 2014 (en castelán)
- ↑ "El Racing de Ferrol prescinde de Manolo García"
- ↑ "Miguel Ángel Tena, nuevo entrenador del Racing de Ferrol"