Manu
Aparencia
Manu | |
---|---|
Autor/a | Manuel Jabois |
Orixe | Galicia |
Lingua | Castelán |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Pepitas de calabaza ed. |
Data de pub. | xuño 2013 |
Formato | edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 124 |
ISBN | 978-84-15864-04-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Para o futbolista suízo de orixe ourensá véxase: José Manuel Rodríguez Morgade.
Manu é unha novela en lingua castelá de Manuel Jabois, publicada por Pepitas de calabaza ed. en maio de 2013.
Trama
[editar | editar a fonte]A obra está protagonizada polo propio Manuel Jabois, quen conta a súa experiencia tras ser pai por primeira vez. Cun estilo singular, Jabois describe a modo de diario o último ano da súa vida: o embarazo da súa muller, o falecemento do seu avó nos mesmos días que nace o neno, o xornalismo e as primeiras estancias en Madrid.
Ademais, recorda outros episodios do pasado, como a súa xuventude, o momento en que coñece á súa muller e a súa relación ou diferentes anécdotas da súa carreira de xornalista.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra ten narrador en primeira persoa, e está baseada nas súas experiencias persoais, pero esaxerando a realidade.