José Manuel Rodríguez Morgade
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1984 (40 anos) Wädenswil, Suíza (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Manuel Rodríguez Morgade, coñecido como Manu, nado en Wetzikon (Suíza) o 22 de xuño de 1984, é un exfutbolista galego-suízo, que xogaba de lateral esquerdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Wetzikon, Suíza,[1] fillo de emigrantes galegos, viviu no país helvético até a idade de dez anos, cando marchou cara Ourense. Ao chegar á cidade das Burgas comezou a xogar nas filas do Pabellón C.F., un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte galego, onde permaneceu dende alevíns até xogar na División de Honra Xuvenil. Posteriormente pasou a formar parte do equipo máis importante da cidade, o CD Ourense, que tentaba formar un proxecto ambicioso para ascender á Segunda División. Alí coincidiu con xogadores como David Ferreiro, a quen se enfrontaría anos despois na final polo ascenso á Segunda División, un no Cádiz CF e outro no CD Lugo.
No seu primeiro ano, a tempada 2003-04, os ourensáns conseguen chegar á promoción polo ascenso, onde se enfrontarían ao Real Madrid Castilla, ao Lanzarote e ao Nàstic, que finalmente acabaría subindo. Nese primeiro ano xoga 15 partidos, 13 de liga e dous na fase de ascenso. Nas temporadas seguintes, Manu non remataba de asentarse nun equipo que ano a ano perdía fol, tan só xogando 5 encontros ao ano seguinte e seis o posterior. Tras un verán no que estivo a piques de marchar, na tempada 2006-07 pasa ser un dos xogadores importantes do conxunto do Couto, onde xoga 33 partidos anotando 5 goles, con todo o club non consegue salvar a categoría descendendo da Segunda B á Terceira División. Así no verán de 2007 decide marchar do club e asinar co Club Deportivo Lugo. Alí, adestrado por Fonsi Valverde, pasa de ocupar a posicións de interior zurdo ou extremo á de lateral esquerdo. É o motivo polo que aínda sendo defensa aínda porte no Lugo o dorsal 11. Esa polivalencia de posición levanlle aínda xogando na defensa a ser un habitual no ataque.
No club da cidade amurallada convertese dende o seu primeiro ano nun dos xogadores fixos do esquema lucense e no habitual lanzador de penaltis do equipo. Na tempada 2010-11 pasa ser o capitán do equipo, sendo un dos xogadores máis queridos polos seareiros, que o coñecen como o "eterno capitán". Esa mesma tempada ao comezo da liga os do Anxo Carro fallarían nas primeiras xornadas dous penaltis, o adestrador do Lugo, Quique Setién, propón un concurso aos xogadores para ver que era o máis efectivo, gañando Manu. Ese mesmo ano o club gaña a liga do Grupo I da Segunda B, mais non consegue ascender nos play-off. Ao ano seguinte, aínda non gañando a liga, os lucenses chegan ao 24 de xuño de 2012, último partido da tempada, á xogar o partido final polo ascenso á Segunda División, tras 44 partidos xogados como titular en toda a tempada, marcou o quinta e definitiva pena máxima na rolda dos penaltis fronte o Cádiz CF que certificou o ascenso do CD Lugo á categoría de prata.
Na tempada 2012-13 Manu continúa como capitán no equipo lucense tralo ascenso, conseguindo tamén anotar o primeiro gol do Lugo tralo seu regreso á categoría de prata, no que foi o seu partido en liga 177 cos albivermellos. O tanto, de penalti, serviu para que os lucenses conseguisen a súa primeira vitoria na primeira xornada de Liga ante o Hércules de Alacant. Tras acabar a tempada converteuse no segundo xogador de campo de toda a historia en xogar tódolos minutos dos 42 partidos da Segunda División tras Nino do Tenerife, quen o conseguira na tempada 2005-06. A seguinte tempada xogaría tódolos minutos completos até a xornada 28, xa que na 27 recibiría o quinto cartón amarelo que lle impediría xogar. Así rematou unha xeira de 83 partidos oficiais completos consecutivos xogados co Lugo, 69 dos cales na Segunda División.[2]
Clubs
[editar | editar a fonte]Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2003−2004 | CD Ourense | Segunda B | 15 | 0 |
2004−2005 | CD Ourense | Segunda B | 5 | 0 |
2005−2006 | CD Ourense | Segunda B | 6 | 1 |
2006−2007 | CD Ourense | Segunda B | 33 | 5 |
2007−2008 | CD Lugo | Segunda B | 35 | 2 |
2008−2009 | CD Lugo | Segunda B | 35 | 0 |
2009−2010 | CD Lugo | Segunda B | 20 | 0 |
2010−2011 | CD Lugo | Segunda B | 43 | 5 |
2011−2012 | CD Lugo | Segunda B | 43 | 5 |
2012−2013 | CD Lugo | Segunda | 42 | 3 |
2013−2014 | CD Lugo | Segunda | 41 | 2 |
2014−2015 | CD Lugo | Segunda | 36 | 2 |
2015−2016 | CD Lugo | Segunda | 38 | 0 |
2016−2017 | CD Lugo | Segunda | 23 | 0 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Lugo
- Segunda División B (1): 2010/11.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rodríguez, un verán en once metros". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2012.
- ↑ Manu agradece un descanso tras completar 83 partidos seguidos