Jonatan Valle
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jonatan Valle Trueba 30 de decembro de 1984 (39 anos) Santander (España) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jonatan Valle Trueba, coñecido habitualmente como Jonatan Valle e ás veces escrito incorrectamente Jonathan Valle, nado en Santander o 30 de decembro de 1984, é un exfutbolista profesional cántabro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Santander en 1984, Valle formouse nas categorías inferiores do equipo da súa cidade, o Real Racing Club de Santander, aínda que xa desde moi novo destacara no equipo do seu barrio, o Monte. No club cántabro coincidiu con algúns futbolistas que posteriormente chegaría a ser internacionais, como é o case de José Antonio Reyes ou Andrés Iniesta. Estado en categoría alevín no ano 1996, gañaria co seu equipo o "Campionato Nacional Alevín de Fútbol de Brunete", campionato no que participan as categorías inferiores dos equipos que ese ano xogaron na Primeira División. Precisamente na final gañaría ao Albacete de Andrés Iniesta. Nese intre Valle era pretendido polo Ajax, o Real Madrid e o Barcelona, aínda que o Racing decidiu blindalo poñéndolle unha cláusula de rescisión de 1.000 millóns de pesetas.[1]
En 1999, con tan só 14 anos foi concentrado para realizar a pretempada co equipo en Dwingeloo, Países Baixos, da man de Gustavo Benítez. Nun dos primeiros adestramentos da concentración co equipo profesional, caneou cinco compañeiros e deu un pase de gol, o que o levou ao técnico a decidir aliñalo para xogar nun partido amigábel o 30 de xullo. Aínda que non conseguiu marcar no encontro chamou a atención de diferentes medios de prensa internacionais.[1] Porén, a partir de aí a súa carreira non levou a progresión desexada. Segundo palabras do propio xogador:
Cometín moitos erros. Con 14 anos xa gañaba diñero e debín ir paseniño. Entre os 15 e os 18 anos, nin me coidaba, nin comía como un deportista profesional. Mais non toda a culpa é miña. En Santander esperaban que en cada partido marcase un gol e desa tres asistencias.Jonathan Valle[1]
O 9 de setembro de 2002 debutou co Racing B na Segunda División B nun encontro ante o Peña Sport. Esa mesma tempada 2002-03, con 18 anos, debutou na Primeira División ante o Club Atlético Osasuna da man de Dmitry Piterman e Manuel Preciado. A tempada 2003-04 foi a súa primeira tempada co equipo profesional tras asinar un contrato por 5 tempadas. Sobre o primeiro ano o xogador, aínda que acaba con bos números, non estaba moi ledo:
Na 2003-04, a miña primeira campaña completa coo Racing, acabei con bos números: xoguei 845 minutos, anotei dous goles e fun un dos máximos asistentes. Con todo, etiquetóuseme como revulsivo. Estaba condenado a, se xogaba, saír desde o banco. Perdín as gañas de adestrar, de comerme o prado.Jonathan Valle[1]
Na tempada 2005-06, nun ano de sufrimento para o Racing, seguiu xogando como "revulsivo" para o equipo cántabro, saíndo nas segundas partes e revolucionando o equipo con pinceladas de calidade. Na tempada 2006-07 foi cedido ao Málaga. da Segunda División. para dispor de máis minutos e gañar experiencia. Esta tempada regresou ás filas do Racing. Na tempada 2007-08 volveu ao Racing onde Marcelino lle comunica que conta con el, mais as lesións, 3 consecutivas, non lle deixaron nin sequera estar a disposición do técnico até a segunda volta. Na tempada 2008-09 Juan Ramón López Muñiz non conta con el para o primeiro equipo do Racing e é cedido á Ponferradina coa que realiza unha notábel tempada. Valle, amósase anoxado por esa etapa continua de cesións:
Desde o club non se apostou por min. Pernía non me quería e sempre tentaba que saíera cedido. Fóra do terreo de xogo cometín erros, mais escoitei cousas peores doutros futbolistas e, mentres a min é unha etiqueta que me segue, elos conseguiron lavar a súa imaxe.Jonathan Valle[1]
Para a tempada 2009-10. ficha polo Castellón, gardándose o Racing unha opción de compra sobre o xogador de dous anos de duración. O 20 de xaneiro de 2010, volve en calidade de cedido ao club berciano, onde consegue o ascenso. Para a seguinte tempada ficha polo CD Leganés. En febreiro de 2012 ficha polo Rubín Kazán da Liga Premier de Rusia, onde consegue gañar a Kubok Rossii (do ruso: Copa de Rusia), aínda que non pode xogar moitos partidos por mor dunha lesión. En xullo de 2012 ficha polo Recreativo de Huelva da Segunda División a petición de Sergi Barjuan, adestrador do club onubense, por tres tempadas a razón de 150.000 euros cada unha delas.[2] O 15 de xullo de 2014 abandona o Recreativo e ficha polo Club Deportivo Lugo, tamén da Segunda División.[3] No seu primeiro encontro co club lucenso, cando estaba a ser o máis destacado do partido ante o CD Mirandés en Anduva, tense que retirar lesionado no minuto 16, entrando no seu lugar Álvaro Peña. Finalmente debido a lesións non disputa moitos partidos do co club lucense. Na seguinte temporada, tras non serlle ofrecida a renovación, asina co Burgos CF da Segunda División B
Clubs
[editar | editar a fonte]Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
1999-2000 | Racing de Santander | Primeira | 0 | 0 |
2002-2003 | Racing de Santander B | Segunda B | 28 | 5 |
2002-2003 | Racing de Santander | Primeira | 1 | 0 |
2003-2004 | Racing de Santander | Primeira | 25 | 2 |
2004-2005 | Racing de Santander | Primeira | 22 | 0 |
2005-2006 | Racing de Santander | Primeira | 18 | 0 |
2006-2007 | Málaga CF | Segunda | 26 | 1 |
2007-2008 | Racing de Santander | Primeira | 8 | 0 |
2008-2009 | SD Ponferradina | Segunda B | 35 | 11 |
2009-2010 | CD Castellón | Segunda | 17 | 0 |
2010 | SD Ponferradina | Segunda B | 25 | 3 |
2010-2011 | CD Leganés | Segunda B | 26 | 4 |
2012 | FC Rubin Kazan | Primeira | 3 | 0 |
2012-2013 | Recreativo de Huelva | Segunda | 37 | 5 |
2013-2014 | Recreativo de Huelva | Segunda | 18 | 1 |
2014-2015 | CD Lugo | Segunda | 16 | 0 |
2015-2016 | Burgos CF | Segunda B |
Títulos
[editar | editar a fonte]- Segunda División B (2009-10)
- Copa de Rusia (2012)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Rubio, Alberto (16 de febreiro de 2012). Marca, ed. "Jonatan sale del Valle" (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2014.
- ↑ Sánchez, Pablo (12 de xuño de 2012). El Diario Montañés, ed. "Jonatan Valle cerca de firmar por el Recreativo de Huelva" (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2014.
- ↑ Álvarez, Miguel (15 de xullo de 2014). La Voz de Galicia, ed. "Jonathan Valle, novo xogador do Lugo". Consultado o 15 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1984
- Nados en Santander
- Futbolistas de Cantabria
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Racing de Santander B
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do FC Rubin Kazan
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Burgos CF
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21