Diego Tonetto
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Diego Rubén Tonetto 5 de decembro de 1988 (36 anos) Guaymallén, Arxentina (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Diego Rubén Tonetto, alcumado O Mago, nado o 7 de decembro de 1989 en Guaymallén, Mendoza, é un futbolista arxentino, con pasaporte italiano, que xoga como dianteiro no Estudiantes de Buenos Aires da Primera B Metropolitana (terceira categoría arxentina).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diego Tonetto comezou a súa andaina no fútbol arxentino[1] tras recibir unha oferta do River Plate para xogar no seu equipo de infantís. Porén, o club "Millonario" non lle ofrece residencia na cidade de Buenos Aires, polo que marchou cara ao Club Ferro Carril Oeste, club do barrio bonaerense de El Caballito. Alí comezou a xogar co primeiro equipo, nesa época no segundo nivel do fútbol da Arxentina, na tempada 2006. Alí coñecería a Gonzalo Castellani, que lle falaría do fútbol europeo.
Así, tras seis tempadas no primeiro equipo do Ferro, nas que xogou 149 partidos e anotou sete goles, rescinde o seu contrato[2] co club por falta de liquidez do equipo, malia ser un dos seus principais xogadores. En agosto de 2012 marcharía cara ao vello continente para asinar contrato co Club Deportivo Lugo da Segunda División. O 18 de agosto Tonetto debuta na Segunda División, no Anxo Carro de Lugo, axudando aos lucenses a acadar a súa primeira vitoria da temporada na primeira xornada de Liga tras vencer ao Hércules de Alacant. Tras unha temporada en Lugo, na que non tivo continuidade, asina polo Club Sportivo Independiente Rivadavia da Primera B, segundo nivel do fútbol Arxentino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El 'Riquelmista' que River Plate se perdió
- ↑ "Diego Tonetto rescindió su contrato con Ferro". www.ferroweb.com.ar. Consultado o 2024-01-31.