Airam Cabrera
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1987 (37 anos) Puerto de la Cruz, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Airam López Cabrera, coñecido como Airam, nado o 21 de outubro de 1987 en Puerto de la Cruz (Tenerife, Canarias), é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Cádiz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Airam comezou a súa traxectoria no mundo do fútbol nas categorías inferiores do CD Tenerife,[1] onde estivo oito anos con dúas cesións (aos xuvenís de Los Llanos e ao Laguna). En terceira división, no terceiro equipo do Tenerife anotou nunha tempada 24 goles na Terceira División, mellorando o seu rexistro ao ano seguinte en Segunda B con 27, aínda que non consegue evitar o descenso do seu equipo, moi limitado para a categoría.
En 2010[2] asina como novo artilleiro do Villarreal B da Segunda División de cara á tempada 2010/11. O 31 de xaneiro de 2012, a falta de dúas horas para o peche do mercado invernal, e tras rescindir o seu contrato co equipo castellonense, fai oficial a súa fichaxe polo Córdoba CF, onde permanecería até o mes de xuño.
O 31 de xullo de 2012 confírmase a súa fichaxe polo CD Numancia de cara á tempada 2012-13, comezando unha nova tempada como diateiro do club soriano que dura até o 10 de xaneiro de 2013, onde tras non ter moita participación co equipo rescinde o seu contrato e asina co Club Deportivo Lugo da mesma categoría. O 30 de marzo de 2013 converteuse no primeiro xogador do Lugo en conseguir un hat-trick na Segunda División. Con todo, non volveu anotar ningún gol no resto da Liga, finalizando o seu contrato no Lugo, que non lle ofrece a renovación, e asinando co Cádiz da Segunda B.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Laguna | Terceira | 2007-2008 | 38 | 17 |
Tenerife B | Terceira | 2008-2009 | 37 | 24 |
Tenerife B | Segunda B | 2009-2010 | 37 | 27 |
Villarreal B | Segunda | 2010-2011 | 30 | 5 |
Villarreal B | Segunda | 2011-2012 | 18 | 4 |
Córdoba | Segunda | 2012 | 16 | 3 |
Numancia | Segunda | 2012-2013 | 12 | 0 |
Lugo | Segunda | 2013 | 18 | 3 |
Cádiz | Segunda | 2013-2014 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Airam, o goleador que vén". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2013.
- ↑ O pistoleiro Airam chega "cunhas gañas tremendas"