Adrià Carmona
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1992 (32 anos) Igualada, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 22 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Adrià Carmona Pérez, nado o 8 de febreiro de 1992 en Igualada (Cataluña), é un futbolista profesional español das canteiras do Barcelona e do Milan. É internacional coas categorías inferiores da selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Igualada (Barcelona, Cataluña), a carreira deportiva de Adrià comeza na canteira do Futbol Club Barcelona, onde chegou con tan só 9 anos. En 2010 asina co AC Milan debido a que non dispón de minutos no primeiro equipo. No filial sub-19 do Milan, xoga 44 partidos onde anota 11 goles. Con todo, a pesar de ter sido convocado en varias ocasión co primeiro equipo no chega a debutar. En xaneiro de 2013 é cedido ao Real Zaragoza polo que resta de temporada. Debuta como profesional o 16 de febreiro dese mesmo ano nunha derrota ante o Club Atlético Osasuna por 0−1. En xullo de 2013 recibe a carta de liberdade do Milan, co que aínda lle restaba un ano máis de contrato, sendo presentado o 2 de xullo como novo xogador do Girona FC para as seguintes dúas temporadas. No verán de 2014 o RCD Espanyol faise cos seus servizos para o filial. Alí permanece un ano até que volta á segunda división da man do Albacete Balompié. Tras o descenso do club albaceteño, asina co Club Deportivo Lugo por dúas temporadas.[1][2]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
AC Milan | Serie A | 2011−2012 | 0 | 0 |
AC Milan | Serie A | 2012−2013 | 0 | 0 |
Real Zaragoza | La Liga | 2013 | 3 | 0 |
Girona | La Liga 2 | 2013−2014 | 18 | 0 |
Espanyol B | Segunda B | 2014−2015 | 28 | 7 |
Albacete | La Liga 2 | 2015−2016 | 22 | 1 |
Lugo | La Liga 2 | 2016−2017 | 3 | 0 |
Lugo | La Liga 2 | 2017−2018 | 1 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adriá Carmona, nuevo jugador del CD Lugo". 21 de xullo de 2016.
- ↑ "Fede Vico y Adrià Carmona terminan contrato con el Lugo". Consultado o 22 de marzo de 2019.