Saltar ao contido

Manuel Barja Cerdeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Barja Cerdeira
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1853 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1943 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJuan Barja de Quiroga Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 12819

Manuel Barja Cerdeira, nado o 16 de outubro de 1853[Cómpre referencia] en Santiago de Compostela e finado na Coruña o 5 de setembro de 1943, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1877.[1] Foi redactor de El Libredón na súa primeira etapa e o primeiro director de El Diario de Galicia. Foi presidente do Círculo Católico da Coruña,[2] e da Federación Católico-Agraria. Maxistrado suplente da Audiencia da Coruña, foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación en 1930.[3] Foi presidente da Cooperativa Eléctrica Coruñesa e vicepresidente da Caixa de Aforros-Monte de Piedade da Coruña.

  • Los foros y el artículo 1639 del Código Civil, 1897.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Dolores de Quiroga Lavalle (que finou o 26 de xaneiro de 1940) e foi pai de Manuel, José Mª María e Juan Barja de Quiroga.

  1. El Diario de Santiago, 2-7-1877, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 5-12-1894, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 29-1-1930, p. 3.