Juan Barja de Quiroga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | setembro de 1897 A Coruña, España |
Morte | 1 de xaneiro de 1938 (40 anos) Provincia de Teruel, España |
Actividade | |
Ocupación | militar, avogado |
Familia | |
Pai | Manuel Barja Cerdeira |
Juan Barja de Quiroga, nado na Coruña en setembro de 1897 e finado na provincia de Teruel o 1 de xaneiro de 1938, foi un militar e avogado galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Barja Cerdeira. Ingresou na Academia de Toledo con 14 anos. En 1917 ingresou na Escola Superior de Guerra. Participou na guerra de África e en 1927 foi xefe de Estado Maior do xeneral Mola. Foi retirado pola Lei Azaña. A finais de 1931 asinou o manifesto fundacional da Coalición Regional de Derechas Democráticas. Durante a República licenciouse en Dereito. Colaborou na revista Acción Española a partir de 1933. Foi profesor mercantil e directivo da Caixa de Aforros, Delegado Rexional de Acción Católica en Galicia, e propagandista agrario, chegando a ser secretario da Federación Católico Agraria da Coruña, e profesor do Centro de Estudios Sociales. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou e mandou a Bandera Legionaria Gallega. Unha vez disolta a Bandera en novembro, incorporouse en decembro ao cuartel xeneral do exército do Norte, ás ordes do xeneral Mola, con destino á fronte de Bilbao. Morreu no cerco de Teruel o 1 de xaneiro de 1938. Foi soterrado na Coruña.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Josefa Paz Losada en 1923,[1] e foi pai de Juan Manuel, María Cruz, José María, María de los Dolores, Margarita e María Josefa Barja de Quiroga Paz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 2-8-1923, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Barja de Quiroga, Juan". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Artiaga, Aurora (2008). "«Todo por España y España para Dios». A Bandera Legionaria Gallega de Falange Española na Guerra Civil" (PDF). A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela: Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela. pp. 21–48. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2020. Consultado o 16 de maio de 2020.