Manuel Díaz y Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Cecilio Díaz y Díaz 14 de agosto de 1924 Mugardos, España |
Morte | 4 de febreiro de 2008 (83 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía clásica, filoloxía latina, lingua latina e Idade Media |
Ocupación | catedrático, escritor, filólogo, profesor universitario, medievalista |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Amable Veiga e Eva Castro Caridad |
Familia | |
Fillos | José Manuel Díaz de Bustamante |
Premios | |
Manuel Cecilio Díaz y Díaz, nado en Mugardos o 14 de agosto de 1924 e finado en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2008 foi un latinista e medievalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Madrid en 1945. Fixo o doutoramento en 1949, obtivo praza de catedrático de instituto e, despois, de catedrático de Filoloxía Latina nas Universidades de Valencia (1953-1956), Salamanca (1956-1968) e finalmente na Universidade de Santiago de Compostela dende 1968. Entre 1971 e 1974 foi director do Colexio Universitario de Lugo. Membro da sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega polo Instituto de Estudos Xacobeos dende 1991, investigou sobre todo o latín medieval. Era especialista en lingua e literatura latinas e en numerosos aspectos do mundo medieval (literatura, Cristianismo, Codicoloxía o Paleografía, entre outros). Casou con Joaquina de Bustamante e tivo cinco fillos, entre eles o filólogo José Manuel Díaz de Bustamante.
Os seus traballos abarcan todas as materias relacionadas coa Idade Media española: desde o estudo da cultura libresca visigoda, ata os inicios da cronística do Reino de Asturias. Foi mestre e mentor de toda unha xeración de historiadores e filólogos. Entre os seus discípulos figuran Santiago Jiménez, Fernando López Alsina e Mercedes Brea.
Foi o primeiro presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario en Galicia (ACSUG).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu en 1979 a Medalla ao Mérito Docente da Orde de Afonso X o Sabio, e en 1997, o Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal; en 2003, o sétimo premio do Grupo Compostela, de universidades de toda Europa. Foi doutor honoris causa polas Universidades Clásica de Lisboa (1980), Salamanca (1993), Coímbra (2002) e León. En 1991 recibiu a medalla de Prata de Galicia, e en 1994 o Concello de Santiago outorgoulle a Medalla de Ouro ao mérito cultural. O Grupo Compostela de Universidades concedeulle en 2003 o VII Premio Internacional Compostela-Xunta de Galicia. Foi académico correspondente da Academia de Ciencias de Lisboa.
Obras
[editar | editar a fonte]- Index scriptorum latinorum medii aeui hispanorum, 1959.
- Antología del latín vulgar.
- Libros y librerías en la Rioja Altomedioeval, 1979.
- Visiones del más allá en Galicia durante la Alta Edad Media, Editorial Bibliófilos Gallegos, 1985.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..