Manuel Comellas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1853 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 3 de xuño de 1925 ![]() Mandiá, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, dramaturgo, escritor, pedagogo ![]() |
![]() |
Manuel Comellas Coímbra, nado en Ferrol o 30 de abril de 1853 e finado en Mandiá (Ferrol), o 3 de xuño de 1925, foi un escritor galego en castelán e galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol e foi profesor e fundador do colexio Comellas, onde estudou Ricardo Carballo Calero.[1][2] Dirixiu La Resurrección de Galicia (1876), colaborou en La Semana Literaria e El Heraldo Gallego[3], e foi director do semanario católico El Propagador e do xornal ferrolán El Correo Gallego.[4] Tamén fundou o semanario El Canta Claro (1912) e colaborou en La Voz de la Liga.[5]
Manuel Comellas é un autor do Rexurdimento estudado por Couceiro Freijomil, Carballo Calero,[1] Francisco Fernández del Riego[6] e Dolores Vilavedra,[7] entre outros. Literariamente dedicouse ao teatro coa obra Pilara ou Grandezas d'os humildes (1920)[8], un drama en prosa, en seis actos, de ambiente mariñeiro, no que se critican os asoballamentos dos poderosos, exemplificados por medio dun intento de abuso sexual. Estreouse no teatro Jofre o 18 de agosto de 1919 e repúxose o 6 de novembro. Tamén cultivou o ensaio, como un comentario que publicou en 1905 sobre a encíclica Rerum Novarum (1891) do papa León XIII, ou unha colección de artigos titulados Recreacións científicas, sobre o emprego da lingua galega na ciencia.[9] Estivo ligado ás Irmandades da Fala durante unha época breve.[10]
Obras
[editar | editar a fonte]- Liga de contribuyentes del Ferrol, 1883.
- Catecismo Social según las enseñanzas de la inmortal Encíclica de la Santidad de León XIII "Rerum Novarum" extractadas y expuestas conforme al plan y método de la obra "Socialismo y Anarquismo" del P. Vicent S.J, 1905.
- Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol, 1912.
- Pilara ou Grandezas d'os humildes : fantesía dramáteca en tres partes, 1920.
- Redención de amor, 1920.[10]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]
Un ano despois da súa morte, en 1926, o alcalde de Ferrol, Antonio Usero Torrente pediu facer unha restauración da casa da rúa Sánchez Barcáiztegui onde naceu Comellas, traballos que remataron en 1929[5]. Na casa figura unha placa cunha descrición da súa vida e unha escultura deseñada por Pedro López Mirás, e feita en mármore por Andrés Torrente. O concello de Ferrol deulle o seu nome a unha rúa.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1876 casou con Matilde Ruiz Grossi, e tiveron catro fillos: Manuel (1877-1949), Blanca (1878 –1930), José (1884–1956) e Matilde (1880 -1979)[11].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Carballo Calero (1975) [1963].
- ↑ R. Calvo, Cristina (1996). Comellas, la renovación pedagógica de la enseñanza ferrolana. El Ideal Gallego, 26/6/1996.
- ↑ Vilavedra (1997). p. 260.
- ↑ Editorial Compostela Asociación Galega de Editores.
- ↑ 5,0 5,1 "El homenaje a don Manuel Comellas Coímbra", El Pueblo Gallego, 4/6/1929, 4.
- ↑ Fernández del Riego, 1992, p. 93.
- ↑ Vilavedra (1995). p. 141.
- ↑ Catálogo da Biblioteca da USC
- ↑ González Ucha, Xose Luís; Rey López, Alfonso. "Guía do alumno. 1º de Bacharelato. Lingua Galega e Literatura" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Xunta de Galicia, Instituto de Ensino Secundario (IES) San Clemente. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-5-26.
- ↑ 10,0 10,1 Ínsua, Emilio, O teatro das Irmandades da Fala, in Historia da Literatura Galega, vol. 20., Vigo: AS-PG - A Nosa Terra, 1996-98.
- ↑ "Historia Comellas II". StudyLib.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Comellas ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Comellas Coímbra, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 17. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 38. ISBN 84-7680-429-6.
- "Comellas Coímbra, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 265.
- "Comellas Coímbra, Manuel". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 548. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Comellas Coímbra, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 6. Ir Indo. 1999-2002. p. 33. ISBN 84-7680-288-9.
- "Comellas Coímbra, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 433–435. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 292.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 93. ISBN 84-7492-465-0.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Mayor, F. (1979). O teatro galego. Sada: Ediciós do Castro.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 141. ISBN 84-8288-019-5.
- ———, ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 260. ISBN 84-8288-137-X.