Manuel Díaz López "Chaquetón"
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Laiosa, España |
Morte | 30 de agosto de 1938 Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Chaquetón |
Actividade | |
Ocupación | mestre, comerciante, político |
Manuel Díaz López, coñecido como Chaquetón, nado en Laiosa (O Incio) e finado en Lugo o 30 de agosto de 1938, foi un mestre, comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre e comerciante. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi concelleiro en Sarria e xefe local da Falanxe despois da caída en desgraza do grupo liderado por Mario González Zaera en decembro de 1936. Foi o responsable da Escuadra Negra de Eirexalba e xunto con Manuel Castro Castro "Eirexalba" participou nos asasinatos de Manuel Díaz González, Jesús Casas González e Rosendo Vila Fernández. Foi acusado con Manuel Castro Castro "Eirexalba" do asasinato de Manuel Saco Rivera, abatido a tiros ao saír do Casino de Sarria a finais de agosto de 1938 en atentado político de escuras motivacións, e ambos foron detidos xunto co indutor, o que fora xefe local de Falange de Sarria, Eduardo Gómez Requejo. Ingresaron no cárcere de Lugo xunto co xefe provincial de Falange Ramón Martínez Losada. Foron procesados e xulgados en consello de guerra, sendo executados Manuel Díaz e Manuel Castro no patio do cárcere de Lugo o 30 de agosto de 1938.[1] Ao indutor do crime, Eduardo Gómez Requejo, Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-951-2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cilia Torna (21 de setembro de 2018). "‘O Chaquetón’ e ‘O Eirexalba’: vida e morte de dous verdugos fascistas". Nós Diario.