Saltar ao contido

Manuel Fernández Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Fernández Arias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1919 Editar o valor en Wikidata
Marentes, Ibias, España Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 2011 Editar o valor en Wikidata (91/92 anos)
Guingamp, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, combatente Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata

Manuel Fernández Arias, nado en Marentes en 1919 e finado en Guingamp en febreiro de 2011, foi un combatente español de La Nueve, unidade integrada na División Leclerc, coñecida por ser a vangarda das tropas aliadas na liberación de París durante a segunda guerra mundial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1919 en Marentes, localidade pertencente ao concello asturiano de Ibias. Tras finalizar a guerra civil española, cumpriu penas de traballos forzados e acabou fuxindo a Francia, alistándose na Lexión Estranxeira, combatendo no Norte de África.

Enrolado na 2ª División Blindada do xeneral Philippe Leclerc, tras o desembarco de Normandía combateu na liberación da Francia continental, obtendo a Cruz de Guerra da Francia Libre. Caeu enfermo días antes da entrada definitiva da unidade en París en agosto de 1944, non podendo entrar na casa consistorial cos seus compañeiros de armas.[1] Convalecente durante o resto do conflito, continuou posteriormente a súa vida en Francia.[2][3]

Faleceu en febreiro de 2011 no hospital da cidade bretoa de Guingamp.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]