Manuel García Filgueira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1882 Pontevedra, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Pontevedra | |
1936 – 1936 ← Bibiano Fernández Osorio-Tafall | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel García Filgueira, nado en Mourente (Pontevedra) o 16 de febreiro de 1882, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o líder da Sociedade Agraria de Mourente e o presidente da Federación Obreira Local de Pontevedra. Foi concelleiro socialista en Pontevedra nas eleccións de 1913 e volveu ser concelleiro en 1920. Foi membro do primeiro Comité Rexional do PCE (1923). Na República foi concelleiro en Pontevedra ata a súa detención e destitución polos sucesos de outubro de 1934 e colaborou en ¡¡Revolución!!. Foi acusado de traballo sectario polo PCE en 1934. Despois do triunfo da Fronte Popular foi elixido primeiro tenente alcalde e despois alcalde en substitución de Bibiano Fernández Osorio-Tafall que marchou a Madrid coma Subsecretario de Gobernación.
Durante a Guerra civil estivo agochado no monte con Rogelio González Suárez, aínda así en agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[1] O 19 de xullo de 1949 presentouse ás autoridades.[2][3] Foi xulgado o 29 de outubro de 1949 acusado de auxilio á rebelión e sentenciado a 12 anos de reclusión menor. En novembro reducíronlle a pena a 2 anos de prisión menor e finalmente foi indultado. Non tivo moita actividade política posteriormente e sufriu un estraño atropelo[4] do que quedou coxo.
Predecesor: Bibiano Fernández Osorio-Tafall |
Alcalde de Pontevedra 1936 |
Sucesor: Eladio Becerril González |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Emma Mourón Álvarez, que foi encarcerada en 1936.[5] Foron pais de Manuel, Pilar, Rosario e Carlos García Mourón.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 6-10-1940, p. 4665.
- ↑ El Ideal Gallego, 20-7-1949, p. 6.
- ↑ Se presenta a la autoridad el que fue jefe comunista de Pontevedra, ABC, 21-7-1949, p. 16.
- ↑ El Ideal Gallego, 21-6-1950, p. 6.
- ↑ Emma Mourón Álvarez
- ↑ La última hija del alcalde que estuvo años escondido
- ↑ La Voz de Galicia, 25-6-1991, p. 30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. p. 106. ISBN 978-84-8485-079-3.