Saltar ao contido

Rogelio González Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRogelio González Suárez
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1955 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro, maquis Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 21499

Rogelio González Suárez, nado en Salcedo (Pontevedra) o 5 de decembro de 1906 e finado en 1955, foi un loitador antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou como carpinteiro na empresa de construcións Rodolfo Lama Prada. Militaba no PCE na célula da Ruibal. En 1930 pertenceu ao gremio de carpinteiros en Pontevedra adscrito primeiro á CGTU (Confederación General de Trabajadores Unitaria) de obediencia comunista e, máis tarde, integrada na UGT; foi presidente do Sindicato. En 1936 desempeñou a vicepresidencia do Sindicato e da Federación Obreira Local. Presidiu o mitin do 1 de maio de 1936 no que participaron Manuel García Filgueira, Julio Álvarez del Vayo e Margarita Nelken. Foi membro da comisión provincial pro estatuto galego e do comité local da Fronte Popular.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado no monte con Manuel García Filgueira ata regresar ao seu domicilio, no que seguiu ocultándose ata novembro de 1945. Dende 1938 estaba en busca e captura por ser de marcada significación contraria ao Réxime e figurar como fuxido. En agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[1] En 1945 trasladouse a Coruña, adoptou o nome de Braulio Fernández Portela, e contactou con Ramón Seoane Suárez e Alejandro Gama Casalderrey a quen xa coñecía de Pontevedra, organizando o Comité Provincial do Partido Comunista de España, do que foi nomeado secretario político.

En xaneiro de 1947, cando era perseguido pola policía franquista, ausentouse da cidade con destino a Cádiz. Pero foi detido en febreiro. Procesado na Causa 36/1947, xunto a Gama Casalderrey e Seoane Suárez, cun total de 56 individuos acusados de actividades comunistas, o fiscal militar solicitou a pena de morte en consello de guerra celebrado na Coruña o 30 de xullo de 1947, acusado de estar relacionado cos guerrilleiros, de militar en organización política ilegal e de repartir propaganda subversiva.[2] Cumpriu condena primeiro na Prisión de Burgos, e dende xaneiro de 1949 na Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña), de onde saíu en liberdade condicional o 23 de xullo de 1952.[3]

  1. BOE, 6-10-1940, p. 4665.
  2. La Voz de Galicia, 31-7-1947, p. 4.
  3. BOE, 22-8-1952, p. 3908.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]