Saltar ao contido

Ramón Seoane Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Seoane Suárez
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor en Wikidata
Vilaboa, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1976 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Ramón Seoane Suárez, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) cara a 1916 e finado na Coruña o 20 de agosto de 1976, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Albanel domiciliado na Corveira, formaba parte do Comité Provincial da Coruña do Partido Comunista de España con Alejandro Gama Casalderrey e Rogelio González Suárez, no que era secretario sindical. Tamén estaba integrando no Radio que funcionaba en Vilaboa con Antonio Naya Regueira, Arcadio Carro Gestal, Darío Caramés Bermúdez e José e Francisco Andrés Pol Loriga. Foi detido pola Garda Civil a principios de 1947, ocupáronlle propaganda, selos de cotización do partido, e varias panfletos coa letra dunha canción guerrilleira que comezaba:

Ay, qué orgullo tengo de ser camarada,
de ser camarada de los guerrilleros,
que están en el monte y entregan su vida
para liberarnos de esta tiranía.
Vivan los guerrilleros.[1]

Foi xulgado en consello de guerra na Coruña o 30 de xullo de 1947, xunto con outras 55 persoas, todas acusadas de pertencer ao PCE e de colaborar coa guerrilla. Aínda que o fiscal pediu pena de morte, foi finalmente condenado a cadea perpetua.[2] Finou na Coruña o 20 de agosto de 1976.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai de María del Carmen, Ramón, Elena, Carlos e Genoveva Seoane Fernández.

  1. Xesús Alonso Montero (2 de outubro de 2002). "Jorge Negrete coa guerrilla galega". La Voz de Galicia. 
  2. "Consejo de guerra sumarísimo contra cincuenta y seis paisanos", La Voz de Galicia, 31-7-1947, p. 4
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-8-1976, p. 36.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]