Manuel Garrido Barbosa
Nome orixinal | Manuel Garrido Barbosa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de decembro de 1988 Tui |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | Piragüismo |
Manuel Garrido Barbosa, nado en Tui o 18 de decembro de 1988, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou o Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón sub-23 tres anos seguidos, na categoría C1: en 2009,[1] 2010[2] e 2011,[3] así como o Europeo sub-23 de 2009[4] e o subcampionato de 2011.[5] No Mundial de 2011 participou tamén na categoría C2 absoluta, xunto a Ramón Ferro. Lograron chegar primeiros á meta pero foron descualificados por pasar por unha zona prohibida.[6] Mantiveron unha reclamación durante anos contra esta decisión.
En 2013 participou en Portugal no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón, na categoría C1, gañando a medalla de prata, só por detrás de Tono Campos.[7] Ao ano seguinte, no Europeo de Piešťany, Eslovaquia, rematou cuarto,[8] resultado que repetiu ao ano seguinte en Eslovenia.[9]
No Europeo de 2017 gañou a súa segunda medalla europea, de novo en Portugal, esta vez en Ponte de Lima, tras rematar terceiro.[10] Ademais ese ano participou tamén no Europeo de Augas Tranquilas en Plovdiv, acabando sétimo no C1 5000 metros,[11] e regresou ao Mundial de Maratón seis anos despois, na cita celebrada en Suráfrica, onde logrou colgarse a medalla de prata no C1.[12]
No Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón de 2018 volveu conseguir a medalla de prata no C1, por detrás de Tono Campos.[13] En 2019 competiu tanto no Europeo en Francia como no Mundial na China, finalizando en quinta e cuarta posición respectivamente.[14][15]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2017 | Pietermaritzburg ( Suráfrica) | Prata | C1 |
2018 | Vila Verde ( Portugal) | Prata | C1 |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2013 | Vila Verde ( Portugal) | Prata | C1 |
2017 | Ponte de Lima ( Portugal) | Bronce | C1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resultados de Gaia 2009" (PDF). www.canoeicf.com (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Singapur 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados Ostróda 2009" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ "Resultados de St. Jean de Logne 2011" (PDF). CanoeICF (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ "MANUEL GARRIDO Y RAMÓN FERRO DESCALIFICADOS TRAS PROCLAMARSE CAMPEONES DEL MUNDO EN C2." (en castelán). 23 de outubro de 2011. Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Vila Verde 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Piestany 2014" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Bohinj" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Ponte de Lima 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Plovdiv 2017". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Pietermaritzburg 2017" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Vila Verde 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Decize 2019". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019.
- ↑ "Resultados de Shaoxing 2019" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019.