Manuel Guillermo Varela Flores
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1950 (74 anos) Lugo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
16 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996 Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
14 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
9 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Guillermo Varela Flores, nado en Lugo o 25 de xuño de 1950, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito e enxeñeiro técnico agrícola, é funcionario do catastro. Nas eleccións locais de 1983 foi elixido concelleiro do PSOE na cidade de Lugo, asento que revalidou en 1987 e en 1991. O posto de concelleiro simultaneouno co asento no Pazo do Hórreo, para o que saíu elixido nas autonómicas de 1985.
Sen deixar o asento de concelleiro, abandonou o posto de parlamentario para saír elixido como deputado no Congreso nas Xerais de 1986, posto que revalidaría en 1989 e 1993. Aos comicios seguintes mudou de Cámara, e foi elixido senador nas Xerais de 1996, ao encabezar a lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo. Permaneceu na Cámara Alta unicamente unha lexislatura, e abandonou o escano coa convocatoria electoral do ano 2000. Entre os anos 2005 e 2009 foi Director Xeral de Relacións Parlamentarias na Consellería de Presidencia que encabezaba José Luis Méndez Romeu.
Logo da derrota electoral do PSdeG-PSOE en 2009, en 2010 foi designado conselleiro da Comisión Nacional do Sector Postal.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado e ten catro fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición