Manuel Jesús Vázquez Barca
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1939 Anllóns, España |
Morte | 31 de outubro de 2004 (64/65 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Ponteceso | |
1979 – 1983 – José Luis Suárez Cotelo → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Centro Democrático y Social |
Familia | |
Fillos | Ethel Vázquez |
Manuel Jesús Vázquez Barca, nado en Anllóns (Ponteceso) en 1939 e finado na Coruña o 31 de outubro de 2004,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas en Ponteceso encabezando a Candidatura Democrática Independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Non se presentou á reelección en 1983, disgregándose os seus compañeiros de candidatura entre PSdeG-PSOE (que lograron a alcaldía con maioría absoluta) e AP. Presentouse de novo á alcaldía polo CDS nas municipais de 1987, mais non a logrou dado que o PSdeG revalidou a maioría absoluta.
Predecesor: Máximo Cruz Palacinos |
Alcalde de Ponteceso 1979 - 1983 |
Sucesor: José Luis Suárez Cotelo |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Benigna Mourelle Mosqueira e foi pai de Ethel Vázquez Mourelle.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-2004, p. 44.
- ↑ Entrevista a Ethel Vázquez Mourelle, La Voz de Galicia, 15/11/2009.