Manuel Lámelo Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1919 ![]() O Saviñao, España ![]() |
Morte | 25 de outubro de 2016 ![]() O Saviñao, España ![]() |
![]() | |
1947 – 1971 ← Guillermo González Martínez ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Manuel Lámelo Díaz, nado no Saviñao cara a 1919 e finado no mesmo concello o 25 de outubro de 2016, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Diplomado en Iniciación Profesional Agrícola, en medios audiovisuais e na área social. Foi mestre en Cuntis (1940), A Páxara (1943) e Escairón, onde foi director do Colexio. Foi nomeado alcalde do Saviñao a finais dos anos corenta. Dende 1971 foi mestre do Colexio Público José Antonio de Vilagarcía de Arousa, onde se xubilou en 1984.[1] Finou no Saviñao o 25 de outubro de 2016.[2]
Predecesor: Guillermo González Martínez |
![]() Alcalde do Saviñao 1947 - 1971 |
Sucesor: Argelio Rodríguez González |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Julia García García. Foi pai de Manuel Lámelo Iglesias.