Manuel Lamela Lestón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 (80/81 anos) O Pindo, España |
Alcalde de Cee | |
1995 – 2001 (dimisión) ← Manuel Castro Castro – Antonio Domínguez García → | |
Alcalde de Cee | |
1979 – 1987 ← José Sánchez García – Manuel Castro Castro → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Margarita Lamela Louzán |
Manuel Lamela Lestón, nado no Pindo (Carnota) en 1944,[1] é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trasladouse a Cee aos 8 anos. Maquinista naval. Foi profesor de FP e director do IES Fernando Blanco de Cee. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee e foi elixido alcalde grazas ao apoio do BN-PG e Unidade Galega. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 volveu gañar, nesta ocasión sen maioría absoluta, pero pasou á oposición dado un pacto entre CDS, AP e BNG que fixo alcalde ao centrista Manuel Castro. Trala expulsión dos edís nacionalistas do goberno en xuño de 1988, os socialistas presentaron unha moción de censura no mes de novembro[2], a cal foi votada en xaneiro de 1989. Porén, debido á abstención dos nacionalistas, non saíu adiante[3]. Nas municipais de 1991 volveu se-la candidatura máis votada, pero non logrou recupera-la alcaldía dado que o PPdeG volveu apoiar de novo o centrista Manuel Castro como alcalde. Porén, trala expulsión dos populares do goberno, en abril de 1992 estableceuse un goberno de coalición cos socialistas, sendo Lamela tenente de alcalde[4]. Nas municipais de 1995 recuperou a alcaldía grazas a un pacto de goberno con IxCee e o apoio externo do BNG. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde ó se-la forza máis votada.
Presentou a dimisión o 17 de abril de 2001 logo da presentación dunha moción de censura por parte do PPdeG e IxCEE que se votou o 11 de maio de 2001[5]. En 2007 volveu ao goberno municipal no goberno dos socialistas con IxCEE como concelleiro de Infraestruturas. Dimitiu como concelleiro en febreiro de 2011.
Predecesor: José Sánchez García |
Alcalde de Cee 1979 - 1987 |
Sucesor: Manuel Castro Castro |
Predecesor: Manuel Castro Castro |
Alcalde de Cee 1995 - 2001 |
Sucesor: Antonio Domínguez García |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É pai de Margarita Lamela Louzán, alcaldesa socialista de Cee dende 2019.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 2-5-2003, p. L6
- ↑ La Voz de Galicia ed. A Coruña, 23-11-1988 p. 14.
- ↑ La Voz de Galicia ed. A Coruña, 22-1-1989 p.21.
- ↑ La Voz de Galicia ed. Carballo, 5-4-1992 p.40.
- ↑ "«Os independentes activaron a moción»". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "El ceense Manuel Lamela dejará la política tras 32 años de edil, 21 de ellos en el gobierno y 14 de alcalde" (12/1/2011). La Voz de Galicia (en castelán).
- Obelleiro, Paola (12/2/2011). "Dimite un histórico del PSOE de Cee por su rechazo a la coalición con el alcalde imputado" El País (en castelán).