Margarita Lamela Louzán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() Cee, España ![]() |
![]() | |
2019 – ← Ramón Vigo Sambade ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogada, política ![]() |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Familia | |
Pai | Manuel Lamela Lestón ![]() |
Margarita Lamela Louzán, nada en Cee en 1970, é unha política e avogada galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee, pasando de 1 a 2 concelleiros e formando parte da oposición ó goberno de Ramón Vigo. Nas municipais de 2019 volveu se-la candidata do PSdeG-PSOE e nesta ocasión foi elixida alcaldesa ó encabeza-la lista máis votada, pasando 2 a 4 concelleiros e gobernando en minoría.
Dende febreiro de 2022 ocupa unha das vicesecretarías da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG.
Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser a candidata do PSdeG-PSOE e conseguiu revalida-la alcaldía con maioría absoluta, pasando de 4 a 7 concelleiros.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É filla do anterior alcalde socialista Manuel Lamela Lestón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Ramón Vigo Sambade |
![]() Alcaldesa de Cee 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |