Manuel Mosquera Moar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 4 de marzo de 1948 ![]() Probaos, España ![]() |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xastre, maquis ![]() |
Manuel Mosquera Moar, finado en Probaos (Carres, Oza-Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un xastre e enlace da guerrilla antifascista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xastre en Chouselas, casado con Celia Sánchez López, filla máis vella de María López Sánchez e neta de Joaquín López Sánchez, coñecidos como "Os Chintos". Na casa da súa sogra acubillábanse membros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, dos destacamentos dirixidos por Manuel Ponte e Manuel Pena Camino. En agosto de 1947 foi detido xunto cos seus cuñados Josefa e José Sánchez López e a súa sogra María López Suarez, e pasaron catro meses na cadea da Coruña.[1] Na noite do 3 de marzo de 1948 pernoctaban na casa de Joaquín López Sánchez os guerrilleiros Antonio Nouche Costa e José Blanco Núñez, e sendo coñecedora a Garda Civil deste feito, montou un dispositivo ao mando do capitán José Méndez Villar para capturalos. Despois do mediodía do día seguinte a Garda Civil rodeou a casa, na que xa só estaban Joaquín López e a súa filla Manuela López Suárez, e oculto no primeiro piso Antonio Nouche; José Blanco fuxira antes de comezar o rexistro. No tiroteo foron abatidos Joaquín e a súa filla Manuela, o guerrilleiro Antonio Nouche, e tamén resultaron mortos os gardas civís Blas Sánchez e José Cano. Manuel, que se atopaba na casa da súa sogra María López Sánchez, foi asasinado xunto con ela esa mesma noite en aplicación da "lei de fugas".
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Celia Sánchez López, e foi pai de María Mosquera Sánchez.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. A Coruña: Laiovento. pp. 275–285. ISBN 978-84-8487-211-5.
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 117. ISBN 978-84-8341-166-7.