Manuel Novoa Costoya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1865 Santiago de Compostela, España |
Morte | década de 1940 (74/84 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Manuel Novoa Costoya, nado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1865 e finado en Buenos Aires, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alumno da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e despois pasou ao Instituto de Santiago. Comezou a súa actividade xornalística colaborando en El Porvenir e El Libredón, e foi redactor de El Ciclón e El Huracán. Emigrou a Arxentina, onde colaborou en El Eco de Galicia, Correo Gallego, Nova Galicia, Correo de Galicia, El Heraldo Gallego e Correo de España e dirixiu e redactou o Boletín del Centro Gallego de Buenos Aires. Fundou e dirixiu as revistas Galicia Literaria, Galicia en América e Aires d’a Miña Terra. Presidiu o Ateneo Rosalía de Castro (1904), fundou o Orfeón Gallego de Buenos Aires e foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras
[editar | editar a fonte]- A volta da romería de Santa Xusta (drama lírico).
- Unha boda na Ulla (zarzuela).
- Amor que retorna (comedia).
- Cousas do viño (diálogo)
- De ruada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Novoa Costoya |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: CIRP. 2003. pp. 257–259. ISBN 84-453-3736-X.
- "Novoa Costoya, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 26.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 486.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 668. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.