Saltar ao contido

Manuel Ochoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Ochoa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1998 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Tomiño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor en Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
3 de agosto de 2024Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2024 - Slalom caiaque cross masculino (pt) Traducir (14º) Editar o valor en Wikidata

Manuel Ochoa Fernández, nado en Tomiño en 1998 é un piragüista galego que compite na modalidade de slálom.[1]

Conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos de 2024.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou no piragüismo seguindo os pasos de seu irmán e ingresou no Club Deportivo Miño Teixugos de Goián, co que axiña comezou a destacar na modalidade de slálom.[2][3] Para continuar coa súa progresión, en 2016 tivo que instalarse en Cataluña, en La Seu d'Urgell, ao carecer Galicia dunha canle de augas bravas.[2]

Nesa mesma localidade, en 2022 conseguiu a medalla de prata nunha proba da Copa do Mundo, e tamén ese ano disputou por primeira vez un Campionato do Mundo absoluto, en Augsburgo, acadando os cuartos de final na proba de caiac cross.[4] En 2023 disputou en Londres o seu segundo Mundial e ao ano seguinte gañou a medalla de ouro na proba da Copa do Mundo celebrada en Praga, nas augas do río Moldava, obtendo así a clasificación para os Xogos Olímpicos de 2024.[5]

Xa nos Xogos, debutou no estadio náutico de Vaires-sur-Marne con boas sensacións, logrando o décimo mellor tempo de entre 38 participantes na carreira contra o reloxo e superando a continuación a fase preliminar como o mellor da súa manga. Nos cuartos de final conseguiu tamén o mellor tempo da súa serie, pero sufriu unha penalización por saltar a derradeira porta, polo que foi descualificado, rematando así a súa primeira participación olímpica.[6]

  1. "El sueño olímpico de Manu Ochoa". 6 de septiembre de 2022. Consultado o 15 de junio de 2024. 
  2. 2,0 2,1 ""O nivel en Galicia está a medrar moito; é para estar orgullosos"". 17 de setembro de 2022. Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  3. "Homenaje a los "Teixugos", campeones de Slalom Olímpico". Faro de Vigo (en castelán). 21 de setembro de 2014. Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  4. "Resultados Augsburgo 2022" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  5. "O tomiñés Manu Ochoa, nos Xogos Olímpicos de París 2024". 17 de xuño de 2024. Consultado o 24 de xuño de 2024. 
  6. Carrazoni Mier, Yuri (5 de agosto de 2024). "A fatídica porta 8 atragóaselle ao '8': Manu Ochoa despídese dos Xogos en cuartos". Nós Diario. Consultado o 6 de agosto de 2024.