Manuel Otero Bárcena
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 Santiago de Compostela, España |
Morte | 28 de agosto de 1945 (67/68 anos) Valga, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Irmáns | Joaquín Otero Bárcena |
Manuel Otero Bárcena, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado en Valga o 28 de agosto de 1945, foi un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Joaquín Otero Mariño e de Concepción Bárcena Franco[1] e irmán de Joaquín Otero Bárcena. Foi o primeiro empresario que fretou vagóns frigoríficos para transportar o peixe galego a Madrid e Barcelona. Foi presidente da Cámara de Comercio e da Liga de Amigos e deputado provincial. Foi director-propietario de Faro de Vigo de 1929 a 1944, transformou a empresa en sociedade anónima e adquiriu a propiedade do Faro de Vigo á familia Lema en 1935, para devolverlla en 1944, un ano antes da súa morte. Finou na Bouza (Valga) o 28 de agosto de 1945.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Dolores Rubido Martínez e foi pai de María Concepción, Manuel, María Isabel e Maria Antonia Otero Rubido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Irmá de Manuel Bárcena Franco, primeiro Conde de Torrecedeira.
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-8-1945, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Otero Bárcena |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 98. VG 955-2010.