Manuel Pérez Martínez "Arenas"
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (es) Manuel Pérez Martínez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de novembro de 1944 (80 anos) Melilla, España |
Secretario Xeral Partido Comunista de España (reconstituído) | |
1975 – | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de España (reconstituído) |
Manuel Pérez Martínez, alcumado Camarada Arenas, nado en Melilla en 1944, foi o secretario xeral do PCE-r dende 1975 até a ilegalización do partido. Actualmente vive na prisión española de Alcalá Meco, condenado por un delito de detención ilegal.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manuel Pérez Martínez naceu en 1944 en Melilla, nunha familia de clase obreira. Antes dos 12 anos ten que abandonar a escola e máis tarde trasládase, coa súa familia, a vivir nunha barraca do barrio do Pozo del Tío Raimundo (Madrid), onde se fai aprendiz de xeseiro. Máis tarde participa nas loitas obreiras do sector da construción, nas que destacaría como organizador. Nesta época comeza a estudar as obras dos clásicos do marxismo-leninismo, escasas e difíciles de conseguir a causa da censura franquista. A súa conciencia proletaria refórzase e interpreta que as loitas dos obreiros teñen que saír das estreitas marxes do sindicalismo e do reformismo conciliador onde pretendía levalas o revisionismo do Partido Comunista de Santiago Carrillo.
Fai o servizo militar nun barco de guerra, onde crea unha célula comunista. De volta a Madrid, comeza a dirixi-las loitas dos veciños do Pozo pola mellora das condicións de vida e, máis tarde, crea as Mocidades Comunistas de Vallecas, desde onde combatería ós carrillistas. O seu activismo político lévao por primeira vez á prisión.[2]
No inicio dos anos 70, após a súa saída da prisión, incorpórase á Organización de Marxistas-Leninistas de España (OMLE)[2], da que, co paso do tempo, converteríase no seu dirixente máis firme. É daquela cando se intensifica a súa actividade revolucionaria. Realiza labores de propaganda e de organización, mentres participa en folgas e manifestacións.
O 8 de xuño do 1975 participa no Congreso Reconstitutivo da OMLE, coa lectura dun Informe Político para crear as bases para a reconstrución do Partido Comunista de España. Dous anos despois acontece o II Congreso, no que ficarían fixadas as teses do que se denominou política de resistencia ao "estado burgués" e ao "fascismo", que incluía o recurso á loita armada guerrilleira por parte dos obreiros no seu enfrontamento cos estados modernos capitalistas para a toma do poder. Neste segundo congreso Manuel Pérez é elixido Secretario Xeral do PCE(r). Uns meses despois todo o Comité Central do aínda débil PCE(r) é detido en Benidorm (País Valenciano), con "Arenas" á cabeza como Secretario Xeral.
Na Comuna Carlos Marx de presos do PCE(r) e dos GRAPO, Arenas esfórzase por crear cadros comunistas sobre a base da transmisión de coñecementos e experiencias. Durante os anos de enfrontamento contra o réxime de illamento Manuel Pérez afirma que pasou meses de illamento severo.[3][4]
En 1984 volve saír da cadea, pero os novos combates da loita de clases e a persecución policial empuxaríano outra vez á clandestinidade.[Cómpre referencia] Exiliouse ao Estado francés, desde onde dirixiría o PCE(r) até o ano 2000, cando é detido en París e levado novamente a prisión polos tribunais franceses.
En 2006 foi extraditado a España, onde se viu procesado en dez sumarios. De todos eles, saíra absolto ou co sumario sobresido.[Cómpre referencia] Mentres, en 2009, após a súa última absolución na Audiencia Nacional de España, o Tribunal Supremo decidiu anular a sentenza e condenalo a 7 anos máis de prisión como indutor ou autor material por "comisión por omisión" nunha acción armada dos GRAPO contra a sede do PSOE de Barcelona no ano 2000.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Condenan «de por vida» al dirigente del PCE(r) Camarada Arenas Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Gara, 18 de abril de 2009 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 www.elmundo.es https://www.elmundo.es/elmundo/2000/11/9/espana/973792987.html. Consultado o 2024-10-21. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ "BIOGRAFÍA MANUEL PÉREZ MARTÍNEZ – PRES.O.S." (en castelán). 2023-02-16. Consultado o 2024-10-22.
- ↑ lahaine.org. "Entrevista a Manuel Pérez Martínez ‘Camarada Arenas’ Sec. gral. PCE (r)". La Haine Estado Español (en castelán). Consultado o 2024-10-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arenas, biografía política La haine (en castelán)
- Entrevista ao Camarada Arenas