Xeso (construción)
O xeso (do grego: gypsos) é un mineral aglomerante producido a partir do quecemento da xipsita, un mineral abundante na natureza, e posterior redución a po da mesma. Está composto principalmente por sulfato de calcio dihidratado (CaSO4·2H2O) e polo hemidrato obtido pola calcinación dese (CaSO4·0,5H2O). Atópase en case todo o mundo. A súa cor en xeral é branca, mais as impurezas poden darlle tons cinza, amarelos, rosados ou castaños.[1]
Ao humedecer o xeso con preto dun terzo do seu peso en auga, fórmase unha mas plástica que sofre unha expansión e endurécese en preto de dez minutos. Esta utilízase na confección de moldes, na construción e en acabados de reboco e teitos de construcións. Tamén se emprega en aparatos ortopédicos, traballos de próteses dentais, cofeccións de formas e moldes, inmobilización, retardador ou acelerador do pegado no cemento Portland e illante térmico, xa que o seu coeficiente de condutividade térmica é 0,46 W/m·°C.[1]Na referencia citada a unidade de medida para a condutividade térmica contén a temperatura relativa (°C), mentres que a temperatura absoluta (K) se emprega na dedución da fórmula, o que pode causar discrepancia e erros de cálculo.</ref>
O xeso cristaliza no sistema monoclínico, formando cristais de espesuras variadas chamados de selenita. Pode atoparse tamén en forma de agregados granulares chamados alabastro ou en veos fibrosos con brillo sedoso chamados espato de Islandia.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O xeso coñécese desde hai moito tempo, sendo un dos materiais de construción máis antigos que esixen transformación no proceso de obtención, igual que a cal e o barro. Escavacións en Siria e Turquía revelaron que o xeso se emprega desde hai oito mil anos, en forma de rebocos que servían de apoio a frescos decorativos, no preparo do solo e confección de recipientes. Outras escavacións en Xericó revelaron o uso do xeso en moldes hai seis mil anos. A pirámide de Keops, de aproximadamente 2800 a.C., preserva un dos vestixios do emprego do xeso na construción máis antigos.[1]
No século XVIII houbo gran xeralización no emprego do xeso na construción, de tal forma que a maior parte das edificacións foron construídas con paneis de madeira basta rebocadas con xeso. Asemade, nesa época a produción do xeso aínda era rudimentaria e experimental. En 1768 Lavoisier presentou á Academia das Ciencias o primeiro estudo científico sobre os fenómenos presentes na preparación do xeso.[1]
No século XIX, varios autores realizaron traballos explicando cientificamente a deshidratación da xipsita, principalmente os de Jacobus Henricus van 't Hoff e os de Henri Louis Le Châtelier. Estes traballos serviron de base para unha fonda transformación nos equipamentos utilizados no proceso. A pesar diso, apenas no século XX, debido á evolución da industria, é cando se introduciron as transformacións máis profundas, resultando nos equipamentos actuais.[1]
Mineraloxía
[editar | editar a fonte]O xeso é unha rocha sulfetada, con fórmula química Ca[SO4]•2H2O. Como mineral cristaliza no sistema monoclínico, cun hábito prismático, en que por veces, aparecen cristais de hábito tabular. Ocasionalmente posúe maclas en ferro de lanza e/ou en cola de andoriña. A xipsita é un material granular, por veces fino, en forma de macizo. Posúe cores variábeis como o branco, cinza, verde ou incoloro. As cores débense con frecuencia á presenza de impurezas que lle están asociadas, como a calcita, dolomita, pirita, óxidos de ferro, arxilas, barita, anhidrita e cuarzo secundario. O seu brillo pode ser vítreo, nacarado ou sedoso. É frecuentemente translúcido. O xeso posúe unha dureza de 2 e unha densidade que vai do 2,3 a 2,4. Pode posuír clivaxes e a súa risca é de cor branca. A súa cor de florescencia é verde.
O xeso pode aparecer en diversas variedades, como:
- Xipsita: é das variedades máis abundantes de xeso. Transfórmase en anhidrita (variedade deshidratada de xeso) se as condicións de calor, presión e presenza de auga varían.
- Anhidrita: fórmase como mineral primario en sabkhas ou en bacías profundas. O termo está moi asociado á xipsita porque a única diferenza entre eles son as moléculas de auga. A anhidrita ten maior densidade que a xipsita, mais ten menor porosidade.
- Selenita: é un mineral de xeso macrocristalino, incoloro, hialino e euédrico. Atópase moitas veces preenchendo fendas en rochas.
- Alabastro: o alabastro é unha variedade de xeso que lembra o mármore, sendo macizo, microgranular e translúcido. As súas cores dependen das impurezas que contén. Aparece con frecuencia en zonas de grandes depósitos de xeso.
- Espato: o espato é acetinado, fibroso e posúe un brillo sedoso. Este material en forma de agulla deposítase en fracturas e ao longo de planos de estratificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "VIABILIDADES TÉRMICA, ECONÔMICA E DE MATERIAIS DE UM SISTEMA SOLAR DE AQUECIMENTO DE ÁGUA A BAIXO CUSTO PARA FINS RESIDENCIAIS" (PDF). Universidade Federal do Rio Grande do Norte. xuño de 2007. pp. 19–21. Consultado o 23 de outubro de 2011.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- GALOPIM DE CARVALHO, A.M., Introdução ao estudo dos minerais, Âncora Editora, Lisboa, 2002
- GROVES, A.W., Gypsum and anhydrite, Her majesty´s stationery office, Londres, 1958