Manuel Pérez Rúa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1956 ![]() Moaña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo, escritor ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Manuel Pérez Rúa, nado o 2 de abril de 1956 en Moaña, é un sociólogo e ensaísta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sociólogo, traballou nun estaleiro naval ata a reconversión industrial dos anos 1980, pasando logo a ser coordinador cultural do concello de Moaña. Realizou estudos sociolóxicos relacionados co campo sociocultural e urbanístico.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Moaña (1991). Vigo: Ir Indo.
- Domingos de calcetíns brancos (2010). Vigo: Galaxia.
- Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura. Conversas con Xosé Luís Barreiro e Ramón Villares (2023). Vigo: Galaxia. 370 páxs. ISBN 978-84-1176-143-7.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña, 1988, Concello de Moaña. Con Xan Bouzada.
- Galicia, S. L., 1995, Xerais.
- Políticas culturais e creación artística a nivel local, 2007, Deputación da Coruña.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2009, por Domingos de calcetíns brancos.