Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
O Premio de Ensaio Ramón Piñeiro é un premio literario vixente desde o ano 2000, en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro. Premia o mellor ensaio de entre todas as obras presentadas neste xénero en lingua galega para impulsar o estilo e a precisión desta lingua.
Historia
[editar | editar a fonte]Este galardón nace da unión de dous premios creados con anterioridade e ambos adicados a este autor, un por parte da Editorial Galaxia e o outro a través do Centro Ramón Piñeiro (organismo dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria). Debido a unha decisión común, ambas as institucións xuntaron os premios para achegar un maior recoñecemento cara á sociedade. Para aumentar a dotación económica do galardón, contan coa colaboración da empresa Gas Natural Fenosa. A contía ascende así a 3000 euros.
O premio recoñece o percorrido da obra de Ramón Piñeiro e honra o seu espírito libre e democrático. Pretende asemade incrementar a creación en lingua galega, así como fomentar a reflexión sobre os problemas do momento.
Características do premio
[editar | editar a fonte]- Poderán participar todas as persoas que o desexaren.
- Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega.
- A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caractes.
- O tema dos ensaios é libre.
- Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección ‘Ensaio’.
- Os membros do xurado, en número de cinco, serán nomeados de común acordo entre as entidades convocantes.
Lista de premiados e obras
[editar | editar a fonte]- 2001 - Basilio Lourenço Fondevila, por A submisión das masas. Do poder do progreso ao progreso do poder
- 2002 - Anxo A. Rei Ballesteros, por Tempo e vinganza
- 2003 - Xosé Luís Barreiro Rivas, por A terra quere pobo
- 2004 - Teresa Moure, por Outro idioma é posible.
- 2005 - Rebeca Baceiredo, por O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo.[1][2]
- 2006 - Ramón Area Carracedo e Alexandre García-Caballero, por Psicopatoloxía do retorno.[3]
- 2007 - María López Sández, por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio
- 2008 - Xosé Ramón Quintana Garrido, Un longo e tortuoso camiño
- 2009 - Manuel Pérez Rúa, por Domingos de calcetíns brancos. Retratos do cambio social na xeración do 1950
- 2010 - Ramón Máiz, por A arte do imposible
- 2011 - Teresa Moure, por Queer-emos un mundo novo.[4]
- 2012 - Xaime Subiela, por Para que nos serve Galiza?
- 2013 - Xosé María Durán, por Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer nun diálogo con Karl Marx
- 2014 - Luís G. Soto, por Barthes Filósofo.[5][6][7][8]
- 2015 - Santiago Lamas e Alfonso Mato, por De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo.[9]
- 2016 - Rafael Quintía Pereira, por Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia.
- 2017 - Xosé Constenla, por O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país[10]
- 2018 - Fernando Redondo Neira, por Os amorodos de Bergman[11]
- 2019 - Xaquín Núñez Sabarís, por Cartografías da narrativa galega contemporánea[12]
- 2020 - Xosé Manuel Núñez Seixas, por Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo.[13]
- 2021 - María do Cebreiro, por Maternidades virtuosas.[14]
- 2022 - Xosé Antón Cascudo por A mística da feminidade en Mad Men.[15]
- 2023 - Yolanda Castaño por Economía e Poesía: rimas internas.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La periodista Rebeca Baceiredo gana el V Premio Ramón Piñeiro de Ensayo con la obra O Suxeito Posmoderno". galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ Pino, Concha (14 de decembro de 2005). "Unha autora novel, Rebeca Baceiredo, gaña o Ramón Piñeiro de ensaio". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2022.
- ↑ País, Ediciones El (2007-02-10). "'Psicopatoloxía do retorno' gana el VI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2016-11-02.
- ↑ "Teresa Moure gana el premio Ramón Piñeiro con una aproximación 'queer' a la literatura" El País (en castelán)
- ↑ ""Luis García Soto gana el XIV Premio Ramón Piñeiro de Ensayo con una obra sobre Roland Barthes"". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2015. Consultado o 04 de maio de 2015.
- ↑ ""Luis García Soto gana el XIV Premio Ramón Piñeiro de Ensayo"". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2015. Consultado o 04 de maio de 2015.
- ↑ "O profesor Luis García gaña o premio Ramón Piñeiro de Ensaio cunha obra sobre Barthes"
- ↑ ""O profesor da USC Luis García Soto gaña o XIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio"". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 04 de maio de 2015.
- ↑ "Santiago Lamas e Alfonso Mato gañan o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2016-11-02.
- ↑ "Xosé Constenla se hace con la XVII edición del Premio Ramón Piñeiro de Ensayo". El Correo Gallego (en castelán). 29-12-2017. Consultado o 3-7-2019.
- ↑ "'Os amorodos de Bergman' de Fernando Redondo Neira, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018". Galici@press (en castelán). 21-12-2018. Consultado o 3-7-2019.
- ↑ "Xaquín Núñez Sabarís gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019". OndaCero. 2019-12-27. Consultado o 2019-12-28.
- ↑ Diario, Nós. "Xosé Manuel Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio". Nós Diario. Consultado o 2020-12-22.
- ↑ "María do Cebreiro gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021". Editorial Galaxia. 2021-12-21. Consultado o 2021-12-21.
- ↑ "Xosé Antón Cascudo". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-12-27.
- ↑ "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. 2023-12-14. Consultado o 2023-12-14.