Manuel Paleólogo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1455 Patras, Grecia |
Morte | 1512 (56/57 anos) Imperio Otomán |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Familia | |
Fillos | Andreas Paleologos (en) |
Pais | Tomé Paleólogo e Catarina Zaccaria (pt) |
Irmáns | Helena Paleóloga da Morea (pt) , Sofía Paleóloga e André Paleólogo |
Manuel Paleólogo (en grego: Μανουήλ Παλαιολόγος), nado en 1455 e finado en 1512, foi o fillo máis novo de Tomé Paleólogo e Caterina Zaccaria. Tamén era irmán de André Paleólogo, emperador titular bizantino, de Zoe Paleóloga, gran duquesa de Moscova, e de Helena Paleóloga, muller do déspota Lazar Branković de Serbia. Así mesmo, era sobriño dos emperadores Xoán VIII Paleólogo e Constantino XI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manuel naceu tras a Caída de Constantinopla, e pasou a súa infancia en Morea (actual Peloponeso), ata que esta foi invadida polos otománs en 1460, e a súa familia fuxiu primeiro a Corfú, e logo a Roma, onde o Papado recoñeceu ao seu pai como emperador bizantino. Algunhas fontes afirman que á morte do seu pai, os seus fillos foron postos baixo a custodia do afamado humanista Basilio Besarión.
Pouco se coñece sobre a súa vida, fóra de que durante o reinado do sultán Beyazid II (1481-1512) regresou a Constantinopla, onde intercambiou os seus dereitos ao trono bizantino por unha xenerosa pensión. Pasou o resto da súa vida en Constantinopla, vivindo unha vida de luxos e praceres. Segundo parece, tivo dous fillos: o enigmático Ionannes (Xoán) e Andreas, ambos os froitos posibelmente dunha escrava ao seu servizo. Afírmase que se converteu ao islam e que mesmo serviu na armada do sultán.
Morreu en 1512.
Na ficción
[editar | editar a fonte]Manuel Paleólogo aparece no videoxogo Assassin's Creed: Revelations apoiando aos templarios.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]16. Andrónico III Paleólogo | ||||||||||||||||
8. Xoán V Paleólogo | ||||||||||||||||
17. Ana de Savoia | ||||||||||||||||
4. Manuel II Paleólogo | ||||||||||||||||
18. Xoán VI Cantacuzeno | ||||||||||||||||
9. Helena Cantacuzena | ||||||||||||||||
19. Irene Asanina | ||||||||||||||||
2. Tomé Paleólogo | ||||||||||||||||
20. Dejan Dragaš | ||||||||||||||||
10. Constantino Dragaš | ||||||||||||||||
21. Teodora de Serbia | ||||||||||||||||
5. Helena Dragaš | ||||||||||||||||
1. Manuel Paleólogo | ||||||||||||||||
24. Centurión I Zaccaria | ||||||||||||||||
12. Andrónico Asen Zaccaria | ||||||||||||||||
25. Asanina | ||||||||||||||||
6. Centurión II Zaccaria | ||||||||||||||||
26. Erard III, Baron de Arcadia e Saint-Sauveur | ||||||||||||||||
13. Mavros de Arcadia | ||||||||||||||||
3. Caterina Zaccaria | ||||||||||||||||
28. Leonardo I Tocco | ||||||||||||||||
14. Leonardo II Tocco | ||||||||||||||||
29. Maddalena Buondelmonti | ||||||||||||||||
7. Creusa Tocco | ||||||||||||||||