Manuel Pardo Argüeso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1920 Cortes, España |
Morte | 9 de xaneiro de 1948 (27 anos) Oroso, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Nai | Celsa Argüeso Pardo |
Irmáns | Andrés Pardo Argüeso |
Manuel María Pardo Argüeso, coñecido como Trelles, nado en Cortes (Bergondo) o 1 de abril de 1920 e finado en Oroso o 9 de xaneiro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Andrés Pardo Argüeso, morto na fuga do Forte de San Cristovo o 22 de maio de 1938. Guerrilleiro ferido na taberna de Domingo Bermúdez no lugar da Igrexa de Oroso o 8 de xaneiro de 1948, logo de disparar e matar ao brigada de Artillaría Juan Raña Martínez. Faleceu unhas horas despois do tiroteo e o seu corpo foi abandonado nun monte próximo polos seus compañeiros.
No monte Puzos, da mesma parroquia de Oroso, apareceu morto un home duns 25 a 30 anos, de pelo castaño, ollos verdes azul claro, nariz pequena, e dun talle aproximado de 1,70 metros, vestido cun xersei de punto cor granate, camisa a raias azuis, camisola de punto, pantalón gris de pano e calcetíns negros novos, calzón curto e de complexión forte. Co cadáver a Garda Civil entregou ao xuíz instrutor unha pistola marca “Llama” 9 m/m curto nº 44359, un cargador, tres cartuchos e varias vainas, unha gabardina, unha boina negra e dous cartuchos do 9 longo. O corpo foi enterrado no cemiterio de Oroso sen identificar. Días despois o xulgado militar comunicou que o cadáver fora identificado como Manuel Pardo Argüeso.
En represalia pola morte do militar Juan Raña Martínez, o 2 de marzo foi asasinada en Bergondo Celsa Argüeso, nai de Manuel Pardo Argüeso.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 77–78.