Manuel Porto Mella
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1916 Santiago de Compostela, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Manuel Porto Mella, nado en Santiago de Compostela cara a 1916, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Almacenista e conserxe do Sindicato de dependentes e oficinistas de Santiago de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Compostela. Trasladado á prisión de Ordes, foi posto en liberdade. Agochouse ata que foi mobilizado. Loitou na batalla do Ebro e despois foi enviado a Córdoba e pasouse ao exército republicano en Peñarroya. Conseguiu o grao de capitán. Coa derrota republicana, pasou a Francia, onde quedou a vivir, participando nas actividades do PSOE e da UGT en Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 64. ISBN 84-8485-186-9.