Saltar ao contido

Manuel Puente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Puente

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1890 Editar o valor en Wikidata
Salvaterra de Miño, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1970 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor en Wikidata

Manuel Puente González, nado en Salvaterra de Miño o 16 de agosto de 1890 e finado en Buenos Aires o 24 de marzo de 1970, foi un empresario e galeguista da Arxentina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
En Buenos Aires en 1954, con Francisco Fernández del Riego, Virxinia Pereira, Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos, Evelina Hervella e outros.

Aos 13 anos trasladouse a Barcelona, onde traballou nunha tenda téxtil ata 1905. Emigrou a Buenos Aires en 1906, onde se dedicou a actividades comerciais. En 1919 fundou a Empresa Manuel Puente e Compañía, que se converteu na máis importante casa de xoiería e de pratería da Arxentina. Formou parte da directiva da Cámara de Comercio Española, da que dimitiu para cofundar a Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles en 1936. Foi directivo da Federación de Sociedades Gallegas e presidente da Unión Progresista do distrito de Salvaterra de Miño. A finais dos anos vinte inaugurou en Salvaterra de Miño a Casa do Pobo. Contribuíu á fundación do Consello de Galicia, foi membro de honor do Centro Provincial Ourensán e Pontevedrés, fundou a Editorial Nós e patrocinou o periódico Correo de Galicia.

Fundación Manuel Puente

[editar | editar a fonte]

A súa filla Rosa Puente Foglia creou en Buenos Aires a Fundación Manuel Puente que ten como obxectivos a conservación e difusión do seu arquivo persoal, a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas, e a catalogación dos fondos documentais e editoriais das institucións galegas establecidas na Arxentina.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]